Por primeira vez na tempada dobre vitoria dos equipos da Liga Promesas.
Despois de trece días sen competicións oficiais, os dous equipos da EFF Rosalía voltaron a xogar na 16ª xornada da Liga Promesas.
Juventud de Cambados-EFF Rosalía
As promesas “A” de Juanma Bello desprazáronse ata a comarca do Salnés para enfrontarse as amarelas do Juventud de Cambados. O partido foi dominado polas ourensás de principio a fin voltando a deixar a súa porta a cero unha vez máis. En catorce xornadas as nosas promesas “A” só encaixaron sete goles, significativo dato do bo traballo que están a realizar en tareas defensivas.
SPC San Mateo-EFF Rosalía “B”
Viaxe mais curto o das xogadoras do Promesas “B” ata a parroquia de San Mateo de Ponteareas para seguir acumulando experiencias. A primeira, xogar nun campo de herba natural, que ao estar húmido facía que a velocidade do balón fora moi diferente á que están acostumadas. Pero as peques azuis saíron en tromba e sorprenderon cunha primeira parte de dominio absoluto onde tódalas ocasións eran no portal das locais. Chegouse ao descanso co marcador inicial e os nervios estaban a flor de pel xa que se palpaba que a primeira vitoria podería chegar, só faltaba que a pelota entrara.
Ao inicio da segunda parte, tras un rexeite ao borde da área, Lea dispara e o balón cólase por riba da porteira local poñendo ao “B” en vantaxe no marcador por primeira vez no que vai de liga. Lonxe de amedrentarse ou porse nerviosas, seguiron atacando a portería das laranxas e nunha destas Carballo a poucos minutos do final desfaise de dúas rivais e tira a porta ca fortuna de petar nunha defensa e desviar a traxectoria para facer así o dous a cero a escasos minutos e levar a ledicia desmedida ao banco das azuis.
Para Feijoó “Foi un partido no que ibamos mentalizadas para poder gañalo, esta segunda volta queremos dar sorpresas e hoxe foi o inicio do que vai chegar. Están traballando moito en cada adestramento e en cada partido. Enséñamoslle a filosofía do esforzo, constancia e dedicación para que sigan progresando. Vendo como están a evolucionar estas loitadoras é admirable e un orgullo para min como adestradora”