3-2: Escapouse

A EFF Rosalía perde na prórroga o título provincial no que empatou dúas veces e tivo ocasións para vencer.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía non puido lograr o título de Copa Deputación de Ourense tras perder na prórroga doutro trepidante derbi, que se disputou no Estadio do Couto. A primeira xogada de perigo, moi clara, foi para as visitantes e serviu para adiantar ao noso rival no marcador ao minuto de xogo. Expo saca un córner, tratou Sabela de madar o balón a córner coa cabeza e María apareceu no segundo pau para superar a Noa cruzando ao lado contrario. Vinte minutos máis tarde volvérono a tentar as de Alba Rodríguez. Sara observou o desmarque de María nunha boa contra e púxolle o balón dentro da área. A interior controlou e cando ía rematar apareceu Noa para despexar a córner, mentres que as visitantes pedían penalti. No saque posterior, Expo coloca o esférico na área, Nuri non acerta a rematar e, en segunda instancia, Ainara envía o balón ao traveseiro.

Arenteiro era dono do partido, o centro do campo ‘azul’ non tiña opcións de crear xogo e as chegadas seguían sucedéndose. Nuri obrigou a reaccionar a Noa cunha boa intervención a un tiro directo de falta aos 27 minutos de partido. Un despois, Nuri controla un balón no centro do campo, avanzou cara ao noso área e desfíxose de tres defensas con dúas bonitas manobras e o seu posterior disparo sae desviado por centímetros. A resposta pontina chegou inmediatamente despois cun remate de Noui que non atopa os tres paus por pouco. O encontro estaba a ser moi físico, estaba a xogarse a bo ritmo e calquera equipo podía sumar outro gol. Nuri, no minuto 33, enviou o balón ao traveseiro noutra falta afastada e o rexeite o rematou Lety de cabeza contrarrestado pola boa colocación de Noa baixo paus. Cando parecía que se chegaba ao descanso co 1-0, empatou o noso equipo. Internada de Zaira polo sector dereito, viu a Clau na frontal, pero a interior non chega a rematar aparecendo Sabela en segundo plano para disparar de primeiras e provocar o despexe de Sara Pousa que Clau remata a gol.

Noui anotou o gol 500 do equipo sénior.

Non baixou o ritmo no inicio da segunda metade. As de Tamayo melloran a súa versión e Noui, apunto estivo de darlle a volta ao marcador nun cara a cara ante a gardameta rival, regatéaa pero non atopa unha boa posición para o remate. Aos cinco minutos da continuación o Arenteiro adiantouse nun descoido na saída de balón do noso equipo. Sara recupera o esférico no bordo da área, prepara o disparo e marca o segundo. A alegría durou dous minutos. Zaira recupera o esférico noutro erro na saída do balón, encara a Sara Pousa, supéraa e o seu tiro repéleo o poste, aparece Noui na área pequena e marca o 2-2. Noa, en dúas ocasións de Cuque e Lanoe, consegue blocar os seus disparos. Rosalía dominaba e Zaira tivo o terceiro nas súas botas en dúas ocasións cara a cara con Sara Pousa. A primeira despexa a porteira e a segunda, chega forzada e non consegue picar o balón por encima da gardameta. Con 2-2 chegouse a prorrógaa, aínda que as de Alba Rodriguez puideron evitalo no engadido. Balón entre liñas de Firvi ao que se adianta Noa antes do remate de Chiqui.

Rosalía dominou o tempo extra, pero Sara ‘Verín’ fixo o 3-2 no minuto 103′ ao marcar desde a pena máxima. A segunda parte da prórroga foi do noso equipo, que o tentou ata o final, cun malgaste físico ata o límite, e puido enviar a final aos penaltis pero a pesar de que o noso equipo envorcouse en busca do empate, o gol non chegou.

FICHA TÉCNICA

3-CD Arenteiro: Sara Pousa, Ainara, Expo, Xiana, Lanoe, Sara ‘Verín’ (Ari, 109′), María (Nerea, 80′), Cuque (Firvi, 80′), Nuri e Ester (Chiqui, 46′ (Alessia, 114′)).
2-EFF Rosalía: Noa, Aldarita, Zaira, Clau, Bonjoch, Laura, Noui, Sampayo, Miriam (Antía, 58′), Sabela (Aitana, 90′) e Candela (Fifi, 90′).

Goles:
1-0 (min. 1′): María.
1-1 (min. 43′): Clau.
2-1 (min. 50′): Sara ‘Verín’.
2-2 (min. 52′): Noui.
3-2 (min. 103′): Sara ‘Verín’.

Tiros:
Totais Arenteiro: 13 (9 a puerta) – Totais Rosalía: 7 (4 a puerta)
Córners:
Arenteiro (6) – Rosalía (3)
Faltas:
Arenteiro (14) – Rosalía (15)
Tarxetas:
Arenteiro: Alba Rodriguez (55′) e Leti (118′) – Rosalía: Zaira (39′), Antía (90’+2) e Sabela (100′)

Check Also

1-6: Rosalía exhibe xogo e pegada para recuperar o sorriso ante o Porriño

As pontinas sumaron os tres puntos grazas ao dobrete de Noui e os goles de …

Skip to content