Moitas grazas, afección.
Rosalianos, non puido ser. Queriámola e démolo todo por conseguila, pero a Copa Deputación de Ourense non puido viaxar a Ponte Canedo. Perdemos no deportivo, pero gañamos en todo o demais.
Hoxe máis que nunca é día para sentirse orgullosos do escudo que levamos no peito. Orgullosos das guerreiras que o deron todo sobre o terreo de xogo. Orgullosas de tod@s @s valentes que, a pesar de as numerosas dificultades e condicionantes, déronse cita no Couto para apoiar de maneira incondicional á súa Rosalía.
A tod@s. A cada un de vós que onte fixestes aínda máis grande a este club que tanto amamos: GRAZAS. Moitas grazas. Porque a Escola de Fútbol Rosalía é a súa xente. Porque o Rosalía sodes vós. E volvestes estar á altura.
Toca levantarse e seguir porque esto é só o principio. A EFF Rosalía, xa o sabedes, continuará dando moita guerra.