A Escola de Fútbol Feminina Rosalía buscará ante o Arenteiro no campo de O Couto gañar este título por primeira vez na súa historia.
Chegou o día. A Escola de Fútbol Feminino Rosalía ten unha cita coa historia, enfróntase mañá domingo, no Estadio do Couto, ao CD Arenteiro na II Final Copa Deputación Feminina de Ourense. Esta será a segunda vez na historia que se dispute despois da disputada en 2016 entre A Rúa e UD Ourense.
Así, despois de oito anos, ao renunciar Arenteiro a pasada campaña a disputala, o Estadio do Couto vivirá outra vez a festa do fútbol feminino provincial. Na final disputada en xuño de 2016, a UD Ourense logrou a vitoria por 3-1 cunha cara coñecida nas súas filas, a agora adestradora do conxunto carballinés, Alba Rodríguez.
Ambos os equipos chegan ao partido despois de moitos sen competición (20 días noso equipo, por 27 das nosas rivais), ao non lograr meterse ningún dos dous equipos na fase de ascenso. Ambos os equipos, enrolados no Grupo II da 2.ª División Autonómica, terminaron a fase regular en quinta e sexta posición, quedando as carballiñesas a sete puntos de distancia das pontinas.
Alberto Tamayo non terá disponible a toda plantilla, recurriendo a varias xogadoras do Cadete ‘Azul’ para completar a convocatoria de 18 xogadoras. Aitana, Miriam e Nair, xa foros xogadoras asiduas na parte final do campeonato.
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Noa e Karla.
Defensas: Laura, Fifi, Sabela, Sampayo, Matilde, Aitana e Miriam.
Centrocampistas: Bonjoch, Candela, Aroa, Aldarita, Antía e Nair.
Dianteiras: Clau, Zaira e Noui.
Arenteiro
Chega á final despois de non lograr a vitoria nos dous últimos partidos da competición doméstica, Boiro (2-1) e Porriño (3-4). As ‘verdes’ enfrontáronse ao noso equipo en catro ocasiones as dúas últimas campañas cun balance dunha vitoria, un empate e dúas derrotas (ambas as a domicilio). Esta tempada, as pontinas venceron en Oira por dous goles a cero e acabaron en táboas na Uceira (2-2). No apartado ofensivo, Lidia (17 dianas) e Sara (13), son as súas xogadoras máis perigosas.
Con todo iso, o partido correspondente á final da II Copa Deputación Feminina dará comezo ás 18.00 horas no Estadio do Couto, coa arbitraxe da colexiada do comité técnico de árbitros de Ourense Uxía Boimorto Blanco, coa axuda de Jimena Delgado e Alicia Gallego nas bandas e Daniela Romero como cuarta árbitro.