32 rosalías en idade promesas disfrutan da 1ª edición do “Manolo Carrera Feminino”

Este sábado disputouse a 1ª edición do Manolo Carrera Feminino, encuadrado dentro da VII Edición deste xa prestixioso torneo ourensán,  gracias a vontade e o gran traballo de un clube como Clube Deportivo Velle co cal a tempada pasada firmamos un convenio de colaboración para por exemplo, realizar actividades deste tipo, pioneiras na nosa provincia e que tanto ben lle fan a proxección do fútbol feminino. 

A idea inicial era convidar a seis clubes da nosa comunidade autónoma que participan na Liga Promesas da FutGal, a falta dunha semana quedábamonos en cinco clubes, San Mateo, Valladares, Victoria de Santiago, UD Mos e Milagrosa de Lugo… e inda que tentamos por tódolos medios encontrar un sexto clube que acompañara os nosos dous equipos promesas, as xestións que realizábamos todas eran infructuosas… Chegamos á decisión o martes antes do torneo que entre as sete promesas que este ano ascendimos ao equipo infantil da EFF Rosalía e as catro promesas que ten CD Velle formaríamos o Carrera Promesas en homenaxe ao clube de Manolo Carrera. 

A competición foi o menos importante, os resultados nesta categoría temos claro tódolos clubes de Galicia que temos equipos nela que son o de menos e primamos a convivencia e a formación das xogadoras. Foi unha excelente xornada de fútbol formativo feminino amenizados por unha excelente organización. 

Destacar  que o Victoria de Santiago volveu gañar a os penaltis unha final máis no Monte da Aira, nesta ocasión o Carrera. 

Para nós como clube é un orgullo, primeiro poder dispoñer de 32 xogadoras esta tempada (e pode que siga medrando o número) con licencia promesas… un número impensable para todos nós cando fai 15 meses fundamos o clube. Tamén o poder colaborar con Clube Deportivo Velle na realización de este tipo de actividades e formando equipos como o Carrera nesta ocasión, con xogadoras de CD Velle e xogadoras da EFF Rosalía, da gusto poder colaborar con clubes que comparten os nosos valores formativos por riba de personalismos baratos e egos inútiles de clubes. 

Grazas Clube Deportivo Velle pola perfecta organización e graciñas a os cinco clubes que vos desprazástedes ata o Monte da Aira.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content