Comeza a Liga Promesas Feminina 2019/20

As nosas promesas comezan no Monte da Aira a sua segunda andadura na Liga Galega Promesas Feminina Pizza Móvil.

A EFF Rosalía Promesas arranca a sua segunda tempada de existencia recibindo no Monte da Aira de Velle ao Atlético Arousana, sendo os dous equipos do clube de Vilagarcía os rivais dos nosos Promesas “A” e “B”.  Un ano máis os nosos equipos quedan enmarcados no grupo Sur con outros dez equipos de compañeiros de viaxe: Umia CF, Juventud Cambados, CD Mosteiro, Atlético Arousana “A”, Atlético Arousana “B”, Tomiño FCF, UD Mos, SpC San Mateo, CD Valladares e Viajes Interrías FF.

O derbi xogarase na derradeira xornada o 18 de xaneiro sendo local a EFF Rosalía “A”.

A competición seguirá o mesmo formato que a pasada tempada, salvo que haberá duas fases finais. Constará dunha fase regular de 22 xornadas para logo xogar unha segunda dividida en dous grupos, os 4 primeiros do grupo Norte vs Sur e os 4 derradeiros do grupo Norte vs Sur. Desta segunda fase sairan os clasificados para as duas fases finais. Catro dos mellores clasificados (Fase Final) e catro dos peores clasificados (Fase de consolación).

A liga regular comezará o 12 de outubro e finalizará o 25 de abril, habendo descanso o 2 de novembro, 7 e 28 de decembro, 4 de xaneiro, 22 de febrero, 21 de marzo e 11 de abril. Unha vez rematada a fase regular.

A EFF Rosalía estará dirixida por Juanma Bello, que asume o reto de coller o equipo que tan bos resultados fixo o ano pasado “afrontoa con moita ilusión e boas espectativas xa que os resultados acadados o ano pasado son moi difíciles de superar e iso vainos facer, tanto a min como as rapazas, esforzarnos día a día para poder chegar a ese listón tan alto que nos deixou Alba co seu traballo meritorio coas rapazas que agora deron o salto tan complicado ao equipo infantil”. Ademáis ten unha confianza plena nas xogadoras que coñece da tempada pasada “Tamen quero destacar que o bloque de este “A” e prácticamente o mesmo que o do “B” do ano anterior e iso facilitame un pouco as cousas a hora de traballar con ellas”. Por último, valora o novo rol deste ano ao fronte de dous proxectos, adestrar a EFF Rosalía Promesas e ser a man dereita de Iván Canal no senior “O principio tiña algo de medo polas moitas horas que estaría entrenando pero ca axuda de Iván o cambio de chip de promesas a senior a verdade e que me resultou moito mais doado”.

A EFF Rosalía “B” estará baixo a tutela da dupla Feijóo-Cae, duas xogadoras do equipo senior que aceptaron o reto de ensinar ás máis pequenas nos seus primeiros pasos no mundo do balompé.

Para Cae “afrontamos esta tempada con moita ilusión e entusiasmo, sabendo que é un reto e que hai que afrontar pouquiño a pouco. Precisase moito traballo e esforzo, tanto pola nosa parte como pola das nosas xogadoras”. As duas están dacordo en non poñerse obxetivos deportivos “a meta será desfrutar do propio camiño e que a final de tempada as rapazas aprenderan a base do fútbol e feito del a súa paixón. Deportivamente falando, non quero fixar obxectivos senón facer que elas mesmas aprendan dos seus erros (e tamén dos nosos, que somos novatas como adestradoras) e fagan deles unha aprendizaxe proba-error, é dicir, o mensaxe que sempre lles dou é que hai que inténtalo, da igual o resultado, hai que esforzarse sempre”.

Cae non se quere esquecer que “para min está sendo unha gran oportunidade e un luxo compartir este espazo con elas, xa que é o colectivo co que quero enfocar o meu traballo de cara ao futuro. Xa como remate dicir que Roma non se construiu nun día, mais tódolos camiños conducen a ela… E por sorte estamos no camiño!”.

CALENDARIO DA LIGA GALEGA PROMESAS PIZZA MÓVIL 2019/20:

1ª VOLTA                  PARTIDO

J.1                               E.F.F. Rosalía – Atlético Arousana

12 outubro               E.F.F. Rosalía “B” – Atlético Arousana “B”

 

J.2                               C.D. Mosteiro – E.F.F. Rosalía

19 outubro               Atlético Arousana – E.F.F. Rosalía “B”

 

J.3                              E.F.F. Rosalía – Tomiño F.C.F.

26 outubro               E.F.F. Rosalía “B” – Umia C.F.

 

J.4                              C.D. Valladares – E.F.F. Rosalía

9 novembro            C.D. Mosteiro – E.F.F. Rosalía “B”

 

J.5                              E.F.F. Rosalía – Juventud Cambados

16 novembro           E.F.F. Rosalía “B” – Sp.C. San Mateo

 

J.6                              Atlético Arousana “B” – E.F.F. Rosalía

23 novembro           Tomiño FCF – E.F.F. Rosalía “B”

 

J.7                              E.F.F. Rosalía – Umia C.F.

30 novembro           E.F.F. Rosalía “B” – U.D. Mos

 

J.8                               Sporting Club San Mateo – E.F.F. Rosalía

14 decembro            C.D. Valladares – E.F.F. Rosalía “B”

 

J.9                              E.F.F. Rosalía – U.D. Mos

21 decembro            E.F.F. Rosalía “B” – Viajes Interrías F.F.

 

J.10                             Viajes Interrías F.F. – E.F.F. Rosalía

11 xaneiro                E.F.F. Rosalía “B” – Juventud Cambados

 

J.11

18 xaneiro                E.F.F. Rosalía – E.F.F. Rosalía “B”

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content