As nosas infantiles abrirán o campeonato medíndose á UD Mos nas Baloutas

A EFF Rosalía infantil xa coñece o calendario da primeira edición da Liga Galega Infantil Feminina Pizza Móvil 2019/20, que comezará a fin de semana do 19 e 20 de outubro e que constará de 18 xornadas. O equipo de Alba Rodríguez enfrentaráse na primeira xornada de competición á UD Mos, nun encontro que se disputará no campo de As Baloutas de Mos.

A competición conta con 10 equipos de toda Galicia, Victoria FC (Santiago), SCD Milagrosa (Lugo), CD Valladares (Vigo), UD Mos, Viajes Interrías FF, Victoria FC (A Coruña), Orzán SD, Umia CF, SpC San Mateo e a EFF Rosalía.

A liga regular comeza o 19 de outubro e finalizará o 25 de abril, habendo un parón na ponte de decembro e polas festas do nadal do 16 de decembro ao 10 de xaneiro. Unha vez rematada a fase regular, os 8 primeiros clasificados xogarán as eliminatorias de cuartos de final os fin de semanas do 2 e 9 de maio para logo clasificarse á fase final do 16 do mesmo mes (sede ainda por decidir).

CALENDARIO DA LIGA GALEGA INFANTIL 2019/20:

1ª VOLTA PARTIDO

J.1
19 outubro U.D. Mos – E.F.F. Rosalía

J.2
26 outubro E.F.F. Rosalía – C.D. Valladares

J.3
9 novembro E.F.F. Rosalía – Victoria C.F. “D”

J.4
16 novembro Umia C.F. – E.F.F. Rosalía

J.5
23 novembro E.F.F. Rosalía – S.C.D. Milagrosa

J.6
30 novembro Viajes Interrías Fútbol Femenino – E.F.F. Rosalía

J.7
14 decembro E.F.F. Rosalía – Victoria C.F.

J.8
11 xaneiro Orzán S.D. – E.F.F. Rosalía

J.9
18 xaneiro E.F.F. Rosalía – Sporting Club San Mateo

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content