4-0: Á fase de ascenso

Dous goles de Candela, un de falta, outro de Laura e Vicky dan o triunfo á EFF Rosalía ante o San Roque no Municipal de Oira.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía clasificouse matematicamente para a fase de escenso a 1.ª División ao derrotar ao San Roque no Municipal de Oira. O noso equipo cumpre desta maneira o primeiro obxectivo da tempada. Como xa ocorrese na ida, o partido rozou o ilegal e cuanto á intensidade por parte das visitantes. Laura, á saída dun córner, adiantou ás azuis na primeira metade, sentenciando as de Tobaruela nos segundos 45 minutos cos tantos de Vicky e Candela (2).

Tobaruela destacou na previa que o rival xogaría “intenso e fechado” tras o visto na primeira volta en Samil e as súas xogadoras foron fieis á mensaxe do catalán e non entraron no xogo das viguesas. Expuxeron un partido ofensivo e saíron dominadoras desde o inicio. A pesar de iso, a primeira xogada de perigo foi para os visitantes cun disparo centrado de Naiara que saíu fóra aos trece minutos. A resposta foi contundente e adiantouse no marcador. Vicky intérnase en área e o seu remate despéxao a córner Candela Costas. Feijóo é a encargada de executalo e Laura remata coa cabeza no segundo pau ao fondo da rede. A pesar de gozar doutras catro ocasións nos pés de Vicky, Ester e Feijóo, o ‘luminoso’ non se moveu.

E tras o paso polos vestiarios, superados os 50 minutos, tivo que volver intervir Candela Rojas aos remates de cabeza de Laura e Noui no 57’ e o 63’. Sampayo recuperou o balón en campo contrario, entregoullo a Candela e esta a Vicky, a dianteira non non falla ante a cancerbeira no man a man (2-0). Puido marcar Candela máis tarde en dous remates que saíron fóra por pouco. Transcurrían os minutos e no 75’ chegou o premio para as nosas tras unha rápidísima diagonal de Candela e posterior remate de dentro da área, cruzando ante a saída da súa homónima.

Puido recortar distancias San Roque, pero o disparo desde fóra da área de Naiara pega no traveseiro. Xa na recta final, ampliou distancias Candela, a centrocampista executou de maneira maxistral unha falta sobre Zaira a trinta metros da portería rival. A Escola de Fútbol Feminina Rosalía logra a súa vitoria número 18 do campionato regular, certificando de maneira matemática a súa clasificación para a fase de ascenso a falta de catro xornadas para o termo.

Check Also

O senior xa coñece aos seus rivais para a tempada 2024/25

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía queda encadrada no Grupo II da Segunda Galega.A Escola …

Skip to content