A Escola de Fútbol Feminina Rosalía disputa ante o San Roque a 22.ª xornada do campionato tras o parón de Semana Santa (12.00 h, RosaliaTv Youtube).
Volve o fútbol ao Municipal de Oira tras o parón por Semana Santa. A Escola de Fútbol Feminina Rosalía recibe mañá ao San Roque Casabranca no partido correspondente á 22.ª xornada de Liga (12.00 h, Youtube). Tres semanas despois do último encontro do campionato en casa (1-1 ante o Lóstrego ‘B’), o noso equipo buscará sumar tres novos puntos ante a súa afección e lograr a clasificación matemática para a Fase de ascenso a falta de catro xornadas para o remate.
As de Tobaruela comezan mañá un esixente mes con tres partidos: San Roque, Porriño e San Mateo. Tras o duelo fronte ao conxunto vigués, Rosalía visitará o Lourambal fronte ao cuarto clasificado. Ademais, disputará en casa outro partido ante un dos mellores equipos do subgrupo V antes de finalizar abril.
“Imos a xogar cun tipo de xogadoras que van a estar fechadas atrás, que van a empregarse con contundencia e nós temos que saber solventar iso”, dixo Tobaruela na rolda de prensa previa. O técnico catalán poderá contar con Zaira, Aldarita e Sabela, ausentes no anterior encontro, nunha convocatoria con estas xogadoras.
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Rocío e Karla.
Defensas: Laura, Lú, Feijóo, Sampayo, Noa e Sabela.
Centrocampistas: Aldarita, Bonjoch, Ester e Candela.
Dianteiras: Noui, Vicky, Zaira e Chao.
O rival
O San Roque, que arrincou a xornada en 7.ª posición, chega a esta cita con 25 puntos e un balance de oito vitorias, un empate e 11 derrotas. As súas máxima goleadoras no campionato autonómico son Naiara e Silvia Rodríguez con catorce e sete dianas cada unha. No partido da primeira volta, as nosas impuxéronse no campo de fútbol de Samil 0-6 cun dobrete de Vicky e os goles de Feijóo, Yadira, Aldarita e Sabela.
A 22.ª xornada de Liga dará comezo para o noso senior ás 12.00 horas no Municipal de Oira, coa arbitraxe do colexiado Rubén Pérez Martínez do comité Técnico de Árbitros de Ourense. Ademais, as cámaras de RosaliaTV en directo serán tamén testemuña directa do que alí aconteza.