Tobaruela: “Hoxe para gañar o partido había que controlar o xogo coa posesión do balón”

“Este era o noso plan de partido e iso foi o que fixemos”, indicou o adestrador.

Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do Municipal de Oira despois do duelo correspondente á 22.ª xornada de Liga, no que a Escola de Fútbol Feminina Rosalía gañou ao San Roque: “Na charla antes do partido, díxenlle ás xogadoras que, a partir de agora, todos os encontros ían ser complicados. Hai que saír ao campo e gañar e isto non é unha tarefa doada, xa que todos os equipos nos coñecemos mellor. E así foi hoxe, o San Roque-Casablanca saleu a facer o seu partido”.

Que fixo hoxe Rosalía ben para gañar o partido
“Hoxe para gañar o partido había que controlar o xogo coa posesión do balón. Non precipitarse en querer chegar rápido a area contraria, saír co balón xogado ata campo rival e a partir de aquí progresar para someter ás rivais. Este era o noso plan de partido e iso foi o que fixemos”.

Oira un fortín
“Seguimos sumando de tres en Oira si, e tan só encaixamos un gol e cedemos un empate. Pódese dicir, polo tanto, que no noso campo somos un equipo forte e seguro. Imos ver se somos capaces de seguir así ata final de tempada”.

“Temos que mellorar na definición diante da portería rival”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

A nivel ofensivo 42 goles nos 8 partidos da segundo volta e 1 en contra soamente
“En vista a estes números poderíase dicir que somos un equipo que mete goles con facilidade, pero a verdade é que non é de todo certo. Xeneramos moitas ocasións, pero fallamos bastante diante da portería rival. Iso fai que ás veces os partidos sexan máis complicados do que terían que ser. Porei o exemplo de hoxe: non conseguimos meter o segundo gol, o da tranquilidade, ata ben avanzado o segundo tempo, a pesar de ter bastantes ocasións antes. Nese sentido temos que mellorar. No aspecto de encaixar goles, nada que obxectar. O equipo todo defende e sabe correr para atrás e iso nótase”.

Partido intenso
“Quen mirase o partido puido decatarse de que as rivais actuaron nalgunhas ocasións cunha excesiva dureza. Iso hai que atallalo con tarxetas, para ter controlado o partido neste sentido. Éche o que hai e, polo menos, ningunha xogadora acabou lesionada”.

Lóstrego ‘B’ non cede no liderato
“Somos conscientes de que temos que seguir sumando de tres para manter a tensión. E imos intentalo ata o derradeiro partido de Liga.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content