6-0: O Orzán campión da Liga Infantil

As azuis perderon por goleada ante o Orzán un partido no que non tiveron ningunha opción para gañar.

O filial caeu derrotado na final da Liga Infantil ante o Orzán (6-0). O filial azul non puido co favorito a levarse o título (non perderon un partido en toda a tempada) nun partido con moitos nervios desde o principio por parte das pupilas de Alba, algo que se notou no campo e no xogo das azuis. Ana Capelo, Micaela, Laura Santos (2), Macarena y María Vilariño foron as goleadoras.

Orzán saíu a dominar desde o minuto 1, buscando filtrar balóns entre liñas, ben neutralizados pola liña de tres defensas formada por Silvia, Laura e Lucía Pérez. A insistencia das amarelas provocou un erro na presión de Silvia que deixa controlar o balón á interior do Orzán, virarse e dar un bo pase en profundidade a Ana Capelo. A dianteira non falla no man a man ante Valeria e adianta ás coruñesas no minuto 23′. 

Verse co resultado en contra reseteou ás azuis. O equipo perde os nervios e se enchufa no partido dificultándolle a saída de balón desde atrás as suas rivais e creando perigo na portería rival pero sen premio. Coa vitoria pola mínima das pupilas de Oscar Orro remata a primeira metade.

Tralo descanso, as azuis saíron con ganas de remontada e intentárono mentres duraron as forzas. O gran poderío das rivais, sobre todo da súa capitá Laura Santos, fixeron añicos o soño de gañar a Liga do Rosalía. Unha boa xogada individual que finaliza en área pequena rompeu novamente o marcador. Micaela aumenta as distancias co segundo no minuto 46′. Oito minutos mais tarde, Laura Santos, á saída dun córner sentencia (3-0, minuto 54′). As forzas físicas das ourensanas fixeron mella no xogo, provocando grandes espazos entre liñas, buscando individualidades máis que xogo e deixando espazos ben aproveitados polas coruñesas que fixeron outros tres goles nos últimos catro minutos de partido. Laura, nuevamente, no 76′, Macarena e María Vilariño, 78′ e 80′ respectivamente pecharon o “Set” en branco dun Orzán moi superior na primeira final disputada da Liga Galega Infantil Feminina.

Malia o abultado do marcador, boa imaxe dun Rosalía que non deixou de loitar cada balón contra un equipo superior en todas as facetas.

Alba, no que según rumores podería ser o seu último partido ao mando do Infantil, por decisión propia, atendía aos medios do club ao término do encontro: “A final foi contra un equipo superior a nós, onde lles disputamos sobre todo a primeira parte, demostrando a gran calidade deste grupo de nenas”

“O Orzán demostrou por que estaba invicto nesta liga, cunhas xogadoras que destacan non só físicamente senón técnicamente por encima das demais”.

Subcampionato
“Estou súper orgullosa de cada unha das nenas, por loitar ata o final e conseguir un gran segundo posto nesta liga tan complicada”.

Tempada
“A tempada fana elas incrible como cada ano. Traballar con elas faiche ter ilusión cada semana e arránxache calquera mal día. A tempada rematou con broche de ouro para un gran grupo de nenas”.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content