A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía e CD Velle uníronse para celebrar o final de tempada cunha festa para tod@s os seus xogador@s no Monte da Aira.
Unha vez terminadas todas as competicións para os equipos da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía, a directiva decidiu celebrar unha festa de despedida a todas as súas xogadoras no Monte da Aira. CD Velle uniuse á iniciativa para despedir a tempada aos seus xogadores e, deste xeito, o campo de fútbol de Velle converteuse nun pequeno parque de xogos, onde todos l@s niñ@s gozaron dunha calurosa e divertida tarde.

Hinchables, xogos variados, fútbol tenis, tiro con arco e por suposto moito fútbol, foron os protagonistas dunha divertidísima tarde á que se uniron algunhas sorpresas, como a improvisada “festa do aspersor” ante o calor reinante. Jose, secretario do Velle, decidiu regar o campo e o éxito foi tal que houbo que repetir duas veces máis por petición popular.
Tamén houbo tempo para repoñer forzas cunha merenda a base de pizzas para tódolos rapaces asistentes e por último unha tola festa da espuma na que o baile de espuma fixo a delicia dos peques e os non tan peques. Todo baixo a organización da empresa Rosa dos Ventos Animación.



