Comunicado oficial: Nova Liga Cadete feminina galega

Ante a nova publicada pola Real Federación Galega de Fútbol, na que informa da creación da Liga Cadete, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía realiza o seguinte comunicado.

A Comisión Galega de Fútbol Feminino, da cal o noso club forma parte, aprobou a proposta da Real Federación Galega de Fútbol de poñer en marcha unha nova categoría feminina, a Liga Galega Cadete Feminina dende a próxima tempada 21/22. Dende a directiva da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía apoiamos dita proposta e puxemos todo o noso empeño e traballo co fin de inscribir un equipo en dita categoría unha vez aberto o prazo de inscripción.

Consideramos que ca creación de dita categoría se da un paso máis na formalización da pirámide formativa das futbolistas, non só da nosa escola, senon de toda Galicia. Pirámide que comezou a súa construcción na tempada 2018/19 coa creación da Liga Galega Promesas e que continuou na campaña seguinte coa Liga Galega Infantil.

A tempada que ven, do mesmo xeito que sucedeu na nosa primeira campaña na Liga Infantil, o equipo cadete estará formado por un plantel moi novo, con ata sete ou oito xogadoras en idade infantil. Proceso que non nos influirá ao ter ata 26 xogadoras infantís confirmadas no club para a vindeira tempada. Este novo equipo cadete será similar para nós a un equipo filial, para o cal o corpo técnico de ese equipo traballará codo con codo co corpo técnico do equipo senior. Non hai que esquecer que as dúas capitanas do noso equipo senior están inda nesta tempada en idade cadete.

Enlace a noticia publicada sola RFGF: http://www.futgal.es/pnfg/NNws_ShwNewDup?codigo=24477&cod_primaria=5000289&cod_secundaria=5000289#.YPGNNi0rwnU

Check Also

Partido adiado Lóstrego CF “B”

A Real Federación Galega de Fútbol comunica a data e horario do partido adiado da …

Skip to content