A EFF Rosalía encaixa cinco goles na segunda metade tras unha primeira parte máis igualada do que reflectou o marcador.
Sensación amarga na primeira xornada ligueira. A Escola de Fútbol Feminina Rosalía viaxaba a Mos para enfrontarse ao filial do equipo das ‘avespas’ no Municipal das Baloutas. Debutaron en partido oficial, ademais do adestrador Alberto Tamayo, Sofía Pérez e Noa na súa nova faceta na portería.
A primeira parte foi moi parella cos dous equipos medindo esforzos, o equipo pontino comezou moi presionante e así chegou o primeiro gol aos nove minutos nunha recuperación de Zaira que, tras regatear á porteira, cede a Noui. A dianteira non falla desde o punto de penalti. Mos mostraba moito respecto ao seu rival, pero pronto recuperou a desvantaxe. Tres minutos despois un balón sen aparente perigo cázao dentro da área Lía e envía o balón ao fondo da rede ante a saída de Noa. O partido volvía empezar e as nosas seguían co plan trazado, intensidade e circulación rápida. No minuto 22, un córner executado por Zaira produce un pequeno barullo ao borde do área. Feijóo faise co esférico e asiste a Zaira, pero o seu zurdazo estrélase no traveseiro. Foi a última ocasión clara das azuis. A piques de cumprirse a media hora de xogo, Uxía crea unha boa ocasión desde a esquerda coa resposta de Noa nunha gran intervención.
Todo torceríase nos último minutos da primeira metade. A dous do final, un mal saque de portería acaba aos pés de Miriam, seu dereitazo entra por toda a escuadra (2-1, minuto 43′). Gol que espoleou ás locais, que dous minutos despois aumentaron a distancia nun ataque desde o sector esquerdo de Carlota, que case sen ángulo marca o terceiro.
Segunda metade para esquecer
O partido non estaba sentenciado, pero Mos saíu coa intención de facelo e así ocorreu. Coa vantaxe no marcador, as locais sentiron máis cómodas, aínda que o noso equipo non cesou na súa presión sobre o a saída do balón rival mentres o físico aguantou. O corpo técnico tentou variar un pouco coa realización de dous cambios, pero estes non surtiron os efectos desexados e nos últimos vinte minutos chegou a ‘sangría’ de goles.
No 69′, unha transición rápida do Mos tras recuperación de Iria en campo propio, propicia o contraataque pola esquerda de Lía, que chega á área e con forte disparo marca o quinto, provocando ademais unha pequena lesión de Noa ao intentar despexar o esférico. Catro minutos despois, outra recuperación na o saída do balón aprovéitao Daniela para cun forte chut superar a guardameta visitante, que logra tocar o esférico pero acaba no fondo da rede. Outro roubo, esta vez ao bordo área, serve para que Ángela non perdoe e coloque o esférico na cruceta (6-1, minuto 77′). No minuto 86, Antía a punto estivo de marcar novamente, pero en fronte atopouse unha gran intervención de Noa. Tan só houbo que esperar tres minutos para ver o sétimo, cando un balón entrelíneas de Daniela, serve para a carreira de Ángela que non perdoa no man a man. Co tempo cumprido, un novo erro na saída do balón serve para que Erika sumase o oitavo ao marcador local.
Dura proba para abrir a tempada. Así, a Escola de Fútbol Feminino Rosalía non puido sumar na estrea da Segunda División Galega nesta tempada 2023/24 tras un encontro do cual hai que sacar as notas positivas. Agora toca borrón e conta nova á espera da segunda xornada, na que recibirá ao cacheiras no primeiro partido do mes de outubro.