“Quedaríame co primeiro partido, que é onde comezou a carreira cara aos 100 partidos. Hai moitos partidos importantes, pero sen o primeiro non habería todos os demais”, dixo a barbadesa.
Zaira disputou en As Baloutas o seu encontro número 100 de Liga coa Escola de Fútbol Feminina Rosalía, na xornada 1 do campionato. A dianteira, convértese na primeira xogadora do club en conseguilo, alcanzando esta cifra na súa sexta tempada como azul.
A barbadesa explicou as súas sensacións a nosa web: “Prodúceme moita alegría. É outro obxectivo cumprido. Quero seguir cumprindo máis obxectivos e oxalá xogue máis partidos para subir esta cifra”.
A súa traxectoria
A barbadesa debutou en setembro de 2018 cun empate ante Xuvenil de Ponteareas, na que ademais se estreou como titular. Desde entón, logrou 84 goles na Liga, competición na que foi a máxima goleadora do club en tres ocasións. A campaña na que máis partidos disputou no campionato doméstico foi a 2021-22, con 26 encontros. Nesta edición, Zaira disputou 1 xornada e suma 1 asistencia.