Gran vitoria e ‘hat-trick’ de Noui no estreo no Municipal de Oira

Os goles da dianteira ourensana, de Patricia, Zaira e Aida dan os tres puntos á Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, que asinou uns trinta minutos ao comezo que sentenciaron o partido.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía estreou como campo local o Municipal de Oira e fíxoo sumando os tres puntos contra o Vilariño. O triunfo fraguouse nunha espectacular primeira metade do equipo adestrado por Miguel Saa, que se marchou ao descanso gañando 4-1 pero no minuto 31′ o marcador xa reflectía un 3-0 que sentenciaba o encontro. Aos dous tantos de Noui no comezo da primeira parte sumáronse o de Victoria en propia porta e Patricia para sentenciar nos primeiros minutos, na segunda metade novamente Noui, Zaira e Aida deixaron o marcador no 7-1 final. As azuis son líderes empatadas en ‘gol average’ co Peñasco e continúan invictas na Liga.

Todo se puxo a favor pronto. O Rosalía adiantouse aos dous minutos. Noui aproveita un rexeite no poste logo dunha xogada na que Silvia viuse presionada e no barullo no área o balón acabo nos pés de Noui depois de petar no poste e a dianteira non falla. Catro minutos máis tarde aumentaron a vantaxe as locais. Balón en profundidade a Noui no bórde do área que fai un auto pase ante Ana Rodríguez e regatea na saída a Silvia e marca a porta baleira. Pasaban os minutos e Rosalía estaba cada vez máis cerca do área rival. Ata que o seu dominio fructificó no terceiro no minuto 28′. Córner que saca Ana Seguín e nun barullo de xogadoras en área pequena a pelota acaba dentro da portería visitante. Gol en propia porta de Victoria. O dominio seguiu fructificando en ocasións de gol e tan só tres minutos despois co cuarto de Patricia. Boa xogada de Fara polo ataque esquerdo, asiste a Patricia no bordo do área e a centrocampista non falla. 

Gran vitoria e ‘hat-trick’ de Noui no estreo en Oira.

Pouco durou a alegría ás de Saa, que viron como tres minutos despois acurtaban a desventaxa. O gol foi de Antonella, que nunha boa xogada individual pola esquerda, aproveita as dúbidas das defensas para cruzar o balón ao pau contrario da portería defendida por Rocío.

Probas na segunda metade
Coa o suficiente vantaxe no marcador e os cambios a volta de vestuarios, Saa decidiu probar ás súas xogadoras en distintos postos aos habituais pero o xogo non se viu afectado. As ocasións eran todas en área visitante e tan só oito minutos logo da reanudación, unha boa xogada de Fírvida que asiste a Ana Seguín entre as centrais deixa á dianteira soa, a súa remate rexéitao Yara e é aproveitado por Noui (53′) para marcar a pracer e apuntarse o terceiro no seu casillero habitual. No 54′ entran ao campo María e Zaira, que monopolizaron as ocasións nos seguintes minutos, en especial a dianteira barbadesa. Sete minutos despois, a primeira. Internada por banda de Noui que centra e Zaira remata, despexa Yara e volve rematar a dianteira e vólvea a blocar a porteira. Como preámbulo do sexto, unha boa xogada de Aida termina co remate de María que se escapa por moi pouco fora. Un minuto despois, no 69′, quen non falla é a “francotiradora”. Noui asiste á dianteira e de remate cruzado supera a Yara. Aínda quedaba a última perla de Aida. Xogada persoal da centrocampista, fai a parede con Zaira e dentro do área non perdoa. Goleada no estreo no Municipal de Oira que levanta ás azuis ao segundo posto empatadas no gol average co líder Peñasco.

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content