Saa: “En sensacións creemos que o nivel do equipo debe ser moito máis alto”

“Realmente o partido rompémolo moi pronto”, declarou o adestrador.

Miguel Saa compareceu ante os medios de comunicación e analizou a vitoria da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía contra elRacing de Vilariño no estreo do fútbol feminino no Municipal de Oira: “Realmente o partido rompémolo moi pronto e elas viñeron moi en cadro, ao ter soamente 12 xogadoras na convocatoria e sendo o recambio a porteira reserva. Todo isto fixo que co paso dos minutos as diferenzas fosen aínda maiores entre os dous equipos”.

“O comezo da competición a nivel puntuación é o mellor posible, pero en sensacións creemos que o nivel do equipo debe ser moito máis alto”.

O corpo técnico durante un lance do partido de onte.

Probas en distintas posicións
“Moito mellor do que a súa expresión mostraba. A verdade estamos contentos co traballo que realizaron varias xogadoras fóra de sitio, pero falta que entendan que todos eses cambios son buscando o beneficio grupal”.

Futuro
“O equipo ten moito que mellorar cara próximos partidos e agora mesmo non podemos xa pensar noutra cousa que non sexa o partido do próximo domingo contra o Mos “B” nas Baloutas”.

Noui
“Noui é vital para nós, hoxe realizou un partidazo. Entre ela e Patri levaron case todo o peso ofensivo do equipo, o cal dános unha enorme alegría”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content