0-1: O Cadete mereceu máis fronte a un competitivo Orzán

As de Sobrino foron superiores na segunda metade ao Orzán, nun partido no que adiantáronse as amarelas na primeira parte.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía perdeu no primeiro disputado en casa da tempada. O equipo pontino mereceu máis no Monte da Aira fronte ao Orzán (0-1) na segunda xornada da Liga Galega Cadete Feminina. As de Sobrino dominaron na segunda metade pero non conseguiron aproveitar as ocasións creadas.

O encontro no Monte da Aira arrincou con bo ritmo por parte dos dous equipos. A formulación defensiva das azuis deixaba o peso do partido en man das coruñesas, intentando deste xeito pillar desprevidas ás suas rivais nalgún contragolpe. E así foi, avisou primeiro o Rosalía nunha boa xogada de Candela Bouzas asistindo a Ester que se entretén no man a man ante Paula e róuballe a ‘carteira’ Nadia cando estaba a piques de disparar. Volveu a insistir o equipo azul e, de novo Ester, puido abrir o marcador tras unha brillante xogada de equipo entre Cuque, Candela Bouzas e a dianteira, pero o seu tiro deteno Paula (17′). A resposta visitante non se fixo esperar. Falta no medio campo sacada ao área e nun barullo entre centrais e atacantes, Rocío consegue despexar a córner. O saque posterior de Emma é rematado en área pequena por Antía (0-1).

Sen goles na segunda parte
Cambio de sistema tralo paso polos vestuarios, o Rosalía trocou de formación, apretando máis arriba e pasando a un 4-4-2 máis ofensivo. Foi o ‘filial’ pontino o que dominou esta parte do encontro creando varias ocasións para voltear o gol das coruñesas da primeira metade. As máis claras un man a man de Claudia no minuto 60′ e unha xogada por línea de fondo de Ester (65′) que non acaba en gol e unha falta, novamente con Ester de protagonista cinco minutos despois. Debido á insistencia local, as coruñesas subiron o seu ritmo defensivo ata o punto de rozar a dureza en moitas das ocasións para frear o xogo local. Finalizou o partido sen sumar puntos para as de Sobrino malia gozar das ocasións máis claras do partido, algo que apuntou o técnico ao finalizar: “As ocasións claras foron todas pola nosa parte e creo que merecemos bastante mais. Na miña opinión o resultado non foi xusto”

Sobrino dando instruccións durante un lance do partido.

“Foi un partido disputado. Sabiamos que nos enfrentabamos a un rival duro e quizás salimos algo contemplativas de mais, pero valoramos positivamente o esforzo das xogadoras asi como a progresión neste inicio de tempada”, recalcou Sobrino na posterior roda de prensa.

Comezo tempada
“Estamos contentos por cómo o equipo traballou estas semanas para xogar contra estes rivales, pero algo apenados porque considero que se poderia levar algún punto mais na clasificación. Toca seguir traballando e estamos seguros que os resultados nos van favorecer”.

Estado anímico
“Eu as vexo bastante ben, temos un bo ambiente no vestuario e o final competir tal e como o fixemos estes dous partidos teñen que estar contentas e saber que os resultados van a chegar”.

Check Also

Fin de semana Liga Cadete

Derrota do equipo ‘Amarelo’ e partido adiado do ‘Azul’ na súa viaxe a Valladares.Penultima xornada …

Ir o contido