Balaidos-Rosalía: o senior busca seguir sua racha positiva no feudo vigués

O noso equipo xógase o segundo posto ante un Balaidos que comeza a xornada en décima posición (19:00 h; IMD Travesas, Vigo), un rival co cal non coñece a derrota a domicilio.

Co bo sabor de boca de haber volta á senda da vitoria a semana pasada, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía volve pensar nos postos altos da clasificación para intentar acabar a semana en segunda posición, ao aproveitar que Peñasco ten xornada de descanso. O noso equipo enfrontarase no IMD Travesas ao Balaidos (19:00 h; domingo), que non asinou un bo inicio de campionato e ao comezar a xornada é o décimo clasificado.

A sempre esixente visita a Vigo será o preámbulo dos dous partidos que teñen por diante as de Saa nos próximos quince días, nos que o equipo recibirá no Municipal de Oira ao Peñasco e logo visitará ao Lóstrego ‘B’. En bo momento de forma chega Noui, que é o máxima goleadora do equipo e Zaira que marcou en todos os partidos menos un da tempada.

“Balaidos é un equipo non cal a súa clasificación non reflexa realmente ou que son e sabemos que si non estamos ao 100% non imos sacar nada”, dixo Saa na roda de prensa previa ao encontro. Para afrontar con garantías a quinta xornada de Liga, o técnico citou a 16 futbolistas na convocatoria.

CONVOCATORIA:
Porteira: Rocío.
Defensas: Sabela, Bea, Noa Domínguez, Isis
Centrocampistas: Noa Fírvida, Aldarita, María, Fara, Ainara, Patricia
Dianteiras: Zaira, Ana e Noui.

Balaidos C.F.
O conxunto de Santiago Vieitez non se está mostrando como un bloque moi sólido con respecto a pasadas tempadas e aínda non coñece a vitoria. No aspecto ofensivo marcaron 2 goles, mentres que defensivamente recibiron nove. O balance entre ambos equipos é de 1 vitoria e unha derrota para cada equipo e un empate. O último partido enfrontounos na tempada 2019/20 no Monte da Aira, con vitoria para as viguesas (1-2).

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content