O sénior recibe ao Balaidos homenaxeando a Rosalía

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía afronta no Municipal de Oira a decimosexta xornada de Liga (12:00 h; Domingo 16).

A Liga volve a Ponte Canedo. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía quere volver ao seu campo cunha nova vitoria para seguir firme na loita polo liderato. O noso equipo recibe mañá ao Balaidos no Municipal de Oira (12:00 h), no encontro correspondente á decimosexta xornada do campionato. Encontro no que, como cada ano, o club homenaxea á poetisa que nos da nome, Rosalía de Castro, agasallando as súas rivais cun poema e unha flor. Homenaxe que non foi posible a pasada tempada polas restriccións sanitarias con motivo da covid-19.

Será o cuarto partido de Liga que as de Saa xogan no seu estadio en 2022, trala vitoria ante o Valladares da última xornada e a derrota fronte ao Mos ‘B’ en casa, as azuis queren dar unha alegría aos seus. Ana e Zaira, as dúas máximas goleadoras do equipo, estarán no duelo contra o Balaidos.

“Elas noutros grupos se meterian en playoff sen problema ningún”, sinalou Saa na roda de prensa previa ao encontro. O técnico catalán convocou a estas xogadoras para intentar sumar os tres puntos ante o conxunto vigués.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Aldara Sequeiros, Bea, Noa Domínguez, Sabela e Paqui.
Centrocampistas: Noa Fírvida, Aldarita, Ainara, Patricia, Lidia, Aida e Fara.
Dianteiras: Zaira, Noui e Aida.

Precedentes
O noso equipo levouse a vitoria nun dos últimos tres enfrontamentos ligueiros ante o Balaidos. O máis recente, na primeira volta por 0-4. O conxunto dirixido por Santiago Vieitez posúe un balance dun triunfo, cero empates e doce derrotas no campionato. Arianna (4) e Aroa (2) son as súas máximas goleadoras.

No plano extradeportivo, as xogadoras do sénior aproveitarán o partido para agasallar aos seus rivais cunha flor un poema de Rosalía de Castro con motivo do seu aniversario de nacemento.

Check Also

Rosalía-Boiro: A fase de ascenso en xogo

As de Tamayo mídense ao segundo clasificado co obxectivo de acurtar a súa vantaxe de …

Skip to content