Materializar as boas sensacións ante o rival mais complicado

A EFF Rosalía Infantil enfróntase este domingo á UD Mos na última xornada da 1ª Fase apurando as súas opcións de meterse na fase polo título.

Subindo como a espuma. Logo de dúas vitorias consecutivas contra Valladares e Tomiño, as azuis deixaron boas sensacións -e traballo- sobre o terreo de xogo, o que lles valeu chegar á última xornada con opcións matemáticas de meterse entre os tres primeiros. Esta foi unha semana para recapacitar, asentar e coller enerxía para o que veña: clasificarse á fase “título” ou á “título-consolación”.

Pola súa banda, as ‘avispas’ de Mos chegan a este partido como líderes indiscutibles, sumando de tres en tres en catro dos últimos cinco partidos; gañando na última xornada a Atletico Arousana (1-8). O técnico das infantís móstrase optimista antes do partido: “Creo que fomos o equipo que mellor lle competimos ao líder, tendo opcións de puntuar en todo momento. Queremos continuar mellorando e si podemos lograr facer a carambola e clasificarnos, mellor, por suposto”.

O partido da primeira volta terminou cun axustado 1-2 para as amarelas.

No plano deportivo, Castro contará coa novidade de Candela Currás, que volverá á convocatoria tras estar ausente a pasada xornada.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Aldara.
Defensas: Miriam, Ainara, Aline, Candela Currás, Aitana e Noa.
Centrocampistas: Sara, Nair, Xiana Carballo e Alma.
Dianteiras: Victoria, Antía, Candela Losada, Irene e Zaira.

O duelo da decimocuarta xornada de Liga estará dirixido polo colexiado José Ramón Martín Pérez a partir das 12:00 horas nas Baloutas.

Candela Currás, Antía e Aline mostran os agasallos polo nacemento de Rosalía.

No plano extradeportivo, as xogadoras do Infantil aproveitarán o partido para agasallar aos seus rivais cunha flor un poema de Rosalía de Castro con motivo do seu aniversario de nacemento.

Check Also

O Infantil vence no último partido do ano (1-4)

As pontinas derrotan ao conxunto sanxenxeiro nun encontro no que tiveron que remontar o gol …

Skip to content