Saa: “Un partido mais divertido para o afeccionado que para o adestrador”

“Tes que tratar de facer as cousas ben e non relaxarte en exceso”, dixo o técnico.

O último partido no Municipal de Oira de febreiro entre a EFF Rosalía e o Balaidos CF terminou con vitoria local. Ao finalizar o encontro, Miguel Saa dixo: “Ao final hoxe, iso pareceu, elas traian baixas significativas, pero nós sabemos que estes partidos poden ser asequibles pero tes que tratar de facer as cousas ben e non relaxarche en exceso”.

“Foi un partido máis divertido de ver para o afeccionado que para o adestrador. Elas creo que non tiveron o seu mellor día e a nós, cun xogo bastante apático, deunos para ir collendo cada vez máis distancia no marcador”.

Algunhas recriminacións desde o banquiño
“É que, como xa falamos máis veces, o resultado non o é todo e non viamos ao equipo coa tensión necesaria para aproveitar a mañá de traballo”.

Vitoria moralmente positiva
“Quizais, máis que para levantar o ánimo, foi un partido que nos permitiu estar tranquilas. Aínda que, seguro que si lles preguntas ás xogadoras, elas quererían verse un pouco máis esixidas para poder sacar máis provecho ao encontro”.

Póquer de Fara
Fara é unha xogadora moi completa e hoxe demostrouno, pero quedámosnos/quedámonos co seu traballo e a súa actitude. Aínda así, estamos moi contentos polos goles que meteu hoxe”.

Sequeiros
“A ‘Seque’ quixémoslle dar o premio da titularidad, pero ao final só puido aguantar media hora, este ano está sufrindo moito muscularmente e é unha pena, posto que é unha xogadora que podería darnos unha substitución atrás para determinados partidos. O cambio foi por un problema físico, non hai que buscar outro motivo”.

Vieitez comenta co seu banquiño unha xogada do partido.

Unha vez terminado o partido, Santi Vieitez, técnico do Balaidos CF, non dubidou en atender á web do club: “Chegamos ao partido con moitas baixas e, unido a que, agora mesmo o proxecto é ensinar a estas mozas a xogar. Entón, sabemos que estamos máis limitadas e, malia iso, as xogadoras non competeron mal para empezar, a maioría, a xogar este ano”.

Baixas
“É certo que tiñamos 7-8 baixas de xogadoras que levan anos xogando e viñemos cunha maioría de mozas que empezaron este ano e están mellorando pero…”

Demasiada diferencia
“Si, sobre todo si miramos a diferenza co partido da primeira volta, que soamente foi 0-4 e tivemos máis ocasións a hoxe. Na primeira volta, os dous primeiros goles chegan por fallos de colocación, o terceiro, por un córner no que a defensa apartouse e o cuarto ao final. Na primeira volta foron detalles e hoxe, as baixas afectaron moito”.

Futuro
“A tempada pasada empezamos un proxecto novo con xogadoras novas crecendo aos poucos. A tempada pasada eramos 16 para salvar a sección e esta tempada xa temos 24 coa idea da tempada próxima facer infantil e cadete. Como calquera proxecto, é ir aos poucos e en Vigo hai moito equipos e non é tan fácil como, por exemplo aquí en Ourense, que soamente está Rosalía“.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content