Lóstrego-Rosalía: en busca da senda da vitoria

As de Jorge Sobrino volven á competición tralo parón polo entroido (12:45 h, sábado).

A Escuela de Fútbol Feminina Rosalía Cadete visita ao Lóstrego na 15ª xornada da Liga Galega Cadete (12:45 h; Campo de Chaín). O noso equipo busca unha nova vitoria logo de dúas xornadas sen coñecer o triunfo en Liga e empezar marzo do mellor xeito, trala derrota e empate fronte a Mos (2-0) e Sárdoma (2-2).

O equipo adestrado por Jorge Sobrino estase mostrando irregular nos últimos encontros a pesar do bo xogo mostrado nalgún deles. Encaixou oito goles nos últimos cinco partidos do campionato, sendo tres os anotados. O Lóstergo marcha na terceira posición, cun balance de dez triunfos e 4 derrotas no que vai de curso. No enfrontamento da primeira volta, as pontinas gañaron no Municipal de O Seixo (1-0), co tanto de Candela Bouzas. A centrocampista formará parte da convocatoria de 16 elixida polo técnico, na que se confirman as baixas de Ester, Cuquejo e Lucía Varela e alta de Laura Añón despois de varias xornadas fora do equipo.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Valeria.
Defensas: Lucía Pérez, Sara Bonjoch, Laura Añón, Sofía, Matilde, Silvia, Miriam, Candela Currás e Aroa.
Centrocampistas: Candela Bouzas, Sara Rodríguez, Lucía Caride e Xiana Carballo.
Dianteiras: Nerea e Noa.

O partido da primeira volta decidiuse pola mínina cun gol de Candela Bouzas.

Para Sobrino, enfronte estará “un equipo ao que sempre custa gañar porque compite moi ben os partidos, á vista está o da primeira volta”. Con respecto ás últimas xornadas “O equipo está traballando ben nos entrenos e iso, sumado á motivación de xogar contra os rivais de arriba, fai que lle podamos competir a calquera rival da categoria. As baixas en certo momento poden ser un hándicap, pero o propio equipo e con axuda dalgunhas infantís estanse suplindo moi ben”.

Check Also

Derrota pola mínima antes do parón

Un gol de Sofía Miguens ao comezo da partido trunco as opcións dun Cadete que …

Skip to content