Saa: “Pase o que pase, non vai a quedar a cousa así”

“Dixémolo sempre, todos os partidos valen o mesmo, e son 3 puntos igual que os demais”, indicou o adestrador.

Miguel Saa compareceu nunha roda de prensa telemática na sala de prensa de Municipal de Oira o día previo ao último adestramento previo da decimospetima xornada de Liga, que disputará o noso equipo fronte ao Peñasco no Federativo de Coia (domingo, 18:00 h; Vigo): “Elas son outro gran equipo e sobre todo o que queremos é realizar un gran encontro no que as xogadoras melloren e supérense a si mesmas”.

Dúas partidos claves en sete días
“A nivel clasificatorio igual si son sete días que poden definir moitas cousas, pero pase o que pase non vai quedar a cousa así. Aínda quedan tamén outros enfrontamentos directos entre as outras catro primeiras clasificadas”.

Peñasco, quince días sen competir
“Realmente creo que iso debe ser unha vantaxe para elas, veñen máis descansadas e seguro que puideron recuperar xogadoras estiveron tocadas ou con lesións. A nós pasounos xusto ao revés, xogamos todas as semanas e perdido varias xogadoras por lesión”.

“Temos un equipo con gran capacidade de adaptación a diferentes circunstancias”

MIGUEL SAA, adestrador EFF Rosalía Sénior.

Federativo de Coia
“Coia é bo campo e creo que a nós tampouco é que nos prexudique que as dimensións sexan menores que Oira. Ao revés, creo que temos un equipo con gran capacidade de adaptación a diferentes circunstancias”.

Resultados a domicilio na segunda volta
“As segundas voltas xa o dixemos noutras ocasións sempre son máis igualadas, os equipos fanse máis compactos e todo é máis complicado. Creo que nós mesmas estamos sacando mellores números nesta segunda volta que na primeira a estas alturas”.

Tamara Custodio
“Tamara non puido estar na ida, o cal foi determinante, pero, ao final, é o bloque o que ten que dar a cara e non depender dunha soa xogadora”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content