A EFF Rosalía Infantil vence no seu primeiro partido da tempada

As debutantes Sofía e África foron as goleadoras do encontro.

Chegou o día. Volver competir era o soño de cada membro do equipo, e de que maneira fíxoo a Escola de Fútbol Feminina Rosalía. O once titular estivo marcado pola presenza das nuevo incorporacións estivais que, tras mes e medio de pretemporada, aínda están en fase de adaptación.

As pontinas entraron ao campo de face. De feito, o primeiro tanto das visitantes chegou ao minuto de xogo grazas a Sofía Calvo, que aproveitaba un fallo de entendemento entre Leticia e a súa compañeira defensa, para marcar a porta baleira. A partir dese momento, relaxáronse, pasando o dominio do xogo ás locais, perdendo case todos os duelos e balóns divididos. Quitando os primeiros 10 minutos, o peso do partido levouno Valladares.

O Infantil sentenciou na segunda metade.

Na segunda parte, o conxunto azul saíu reforzado do vestiario co gallo de esquecer as malas sensacións dos primeiros 40 minutos. Sobre todo, con mellor participación defensiva e ofensiva. No cincuenta, Sara intérnase por banda e asiste a África para que a dianteira sentencie o partido co 0-2.

Sen dúbida, bo resultado dun equipo aínda en fase de adaptación a compañeiras e medidas do terreo de xogo ao formar parte do equipo moitas das xogadoras que a tempada pasada xogaban en fútbol-8. Para os técnicos aínda “Estamos conocéndonos, nós a elas e elas a nós. Quedan moitos conceptos e moitas cousas por traballar”.

Check Also

O Infantil vence no último partido do ano (1-4)

As pontinas derrotan ao conxunto sanxenxeiro nun encontro no que tiveron que remontar o gol …

Skip to content