Stores Persán, nuevo patrocinador principal da EFF Rosalía

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía selou un acordo por tres tempadas coa comercializadora de Fábrica de Estores e Produtos de Protección Solar, cuxa imaxe estará presente de maneira exclusiva nos equipamentos de adestramento de todos os equipos do club, así como en distintos soportes dixitais.

Stores Persán e a Escola de Fútbol Feminina Rosalía selaron un acordo de patrocinio polo que a imaxe da empresa de fabricación e comercialización de estores e produtos de protección solar estará presente nos equipamentos de adestramento de todos os equipos do club e nos photocalls, así como as redes sociais e páxina web do Club e na escola de fútbol do CEIP A Ponte.

Así o recolle o acordo asinado entre o presidente da Escola de Fútbol Feminina Rosalía, Mario Gómez, e o xerente de Stores Persán, Severino Santiago Lemos, que abarca o tres próximas tempadas (2022/2023, 2023/2024 e 2024/2025) e vincula a todos os equipos do Club, tanto senior, como cadetes, infantís e promesas, que compiten nas categorías auntonómicas de fútbol feminino.

“Estamos orgullosos de unirnos a unha institución da talla da Escola de Fútbol Feminina Rosalía e, sobre todo, despois da charla que mantivemos entendemos o proxecto e ilusiónanos poder contribuír co noso granito de area e axudar non só na formación deportiva, senón fomentar os valores dun deporte en equipo. Agradecemos á Escola de Fútbol Feminino do Rosalia que conte connosco e déixenos participar nesta maravillosa realidade, pioneira na provincia de Ourense. Trátase dunha alianza coa que queremos promover un deporte que está a crecer na provincia grazas ao traballo da EFF Rosalía“, indicou Severino Santiago Lemos.

As nosas xogadoras xa locen as camisetas de Persán.

Para Mario Gómez trátase de “un acordo do que sentimos moi orgullosos de asinar. Poder abaratar os custos da actividade ás familias das nosas xogadoras de canteira é un dos obxectivos principais da directiva que presido e grazas a colaboración de Stores Persan poderémoslle ofrecer completamente gratis a roupa de adestrar a tódalas nosas xogadoras, ao igual que aos nenos e nenas da escola de fútbol do CEIP da Ponte.”

Sobre Stores Persán. Fábrica de estores e produtos de protección solar con 29 anos de experiencia no sector, sendo a súa prioridade ao longo deste tempo sempre a de antepor a calidade á cantidade. Coidando todos os seus produtos, desde que entra a materia prima á nosa fábrica, ata que salgue convertida en solución para a súa xanela.

En Stores Presán, empresa netamente ourensá, apostan polo desenvolvemento de produtos coas últimas tecnoloxías do sector. Integrando as tendencias máis actuais no seu catálogo de produtos. Traballando día a día para que todos os seus produtos ofrezan as máximas garantías aos seus clientes.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content