1-8: Segunda vitoria consecutiva da tempada

O equipo de Tobaruela venceu ao Balaidos a domicilio grazas aos goles de Fara (3), Chao (2), Lucía Pérez, Feijóo e Bonjoch, de penalti.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía continúa a súa serie positiva e sumou o seu segundo triunfo consecutivo ao imporse ao Balaidos en Vigo. Os goles de de Fara (3), Chao (2), Lucía Pérez, Feijóo e Bonjoch, deron o tres puntos ao conxunto pontino no seu segundo compromiso de Liga. Así, o conxunto dirixido por Pere Tobaruela mantén o pleno de vitorias nos dous partidos que disputou ata a data, encaixando tan só un gol.

Despois duns primeiros minutos de dominio, con dous córneres a favor e unha ocasión clara de Candela no primeiro cuarto de hora de xogo. O noso equipo encaixou o primeiro gol da tempada en contra. Abigail remata no primeiro pau un córner. Un minuto despois, tamén á saída dun córner, Lucía aproveita o rexeite de Rocío a un remate de Zaira para poñer o 1-1 no marcador. A partir dese momento, o ritmo do encontro aumentou por parte das visitantes. A Escola de Fútbol Feminina Rosalía presionaba a saída de balón do rival e, grazas a iso, chegou o gol do conxunto pontino para darlle a volta o marcador (21’). Chao aproveita un ás costas da defensa para bater á gardameta local e sumou o seu segundo tanto no que vai de curso.

A falta de 11 minutos para o descanso, Chao puido ampliar a distancia. Outro balón que superaba a linea defensiva rival, recollíao o dianteira pero o seu remate salgue desviado. Na segunda metade, o partido estivo moito máis aberto, aínda que o noso equipo non perdeu o control en ningún momento. Tobaruela deu entrada a Fara, Yadira e Feijóo por Noui, Zaira e Aroa. O movemento funcionou que dá xenio, chegaron outro seis goles con ‘triplete’ de Fara.

Seis goles e a metade de Fara
Na continuación, apareceu Fara para adiantar novamente ás azuis. A centrocampista aproveita un balón morto en boca de gol tras un barullo na área (1-3, 50′). A partir do terceiro, Ester converteuse na mellor asistente para as súas compañeiras, asinando as mellores xogadas do partido. Aos 62′ deu o primeiro aviso ao mandar o balón ao traveseiro nun golpe franco desde a frontal. Aos 65 minutos, Feijóo marcou un dos goles do partido. A defensa reconvertida a mediocentro, colócaa na escuadra. O quinto chegou desde o once metros das botas de Bonjoch. O ‘set’ fabricouse desde o sector esquerdo, Chao asiste a Fara que marca a porta baleira aos 80′. Tres minutos despois, Ester centra e Chao remacha en área pequena (1-7; 83′). Acto seguido, Fara Antolín poñía a guinda ao seu gran partido, no que sumou tres tantos, para cerrar o resultado tras una boa xogada individual, que remata cunha vaselina colocando o 1-8.

Segunda vitoria que mantén ás pontinas na cabeza da táboa, empatadas a puntos con Lóstrego ‘B’.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content