Fin de semana Liga Promesas

Os nosos dous representantes disputaron a xornada 3 en casa, coas visitas de Valladares e Tomiño.

EFF Rosalía ‘Amarelo’-CD Valladares
O CD Valladares mostrou a súa mellor versión durante o encontro disputado no Municipal de Oira contra a EFF Rosalía ‘Amarelo’, o cal finalizou con vitoria das visitantes. As nosas querían mellorar as súas cifras no torneo despois de empatar fronte ao Tomiño, peor non puido ser. Con este resultado Valladares é segundo ao concluír o partido.

EFF Rosalía ‘Azul’-Tomiño FCF
A Escola de Fútbol Feminina Rosalía ‘Azul’ consolidou unha gran vitoria despois de empezar o partido cunha xogadora menos ante Tomiño. Despois do encontro disputado no Municipal de Oira, as locais colócanse terceiras, mentres que as visitantes están sextas na táboa clasificatoria.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content