Tobaruela: “Temos un equipo novo que ainda pode medrar moito mais”

“Estamos nunha liña ascendente, ainda podemos ir a moito mais, pero de momento non podo pedir mais”, indicou o técnico.

A pesar de non disputar xornada esta semana por motivo do parón da ponte de defuntos, Pere Tobaruela non dubidou en atender aos medios do club para facer unha valoración dos partidos disputados ata o momento, que colocan á Escola de Fútbol Feminina Rosalía no alto da táboa empatadas a puntos con Lóstrego ‘B’. O técnico dixo: “Somos colideres con Lóstrego. Obxectivamente, ben de resultados evidentemente e ben de xogo”.

“Estamos nunha liña ascendente, ainda podemos ir a moito mais, pero de momento non podo pedir mais. Seguimos asimilando conceptos, seguimos asimilando variantes. As xogadoras, na motivación, tanto nos adestramentos como nos partidos, van madurando e están medrando e creo que temos un equipo novo que ainda pode medrar moito mais”.

Mellor partido ata o momento
“Presisamente o derradeiro partido que fixemos. Visto desde o  punto de vista dun afeizoado de fútbol puido ser o partido mais aburrido. Evidentemente, cando xogamos contra o Pontellas, era un equipo moi difícil e nese partido había que demostrar onde estábamos e as xogadoras amosáronnos técnicamente e tácticamente como estaban e tamén a nivel físico foi moi ben. Pero hai un compeñente que eu valoro moito, que é o compoñente psicolóxico, o componente mental. Eu sempre lles digo que un partido necesita un ritmo de partido e elas teñen que entender cal é o ritmo de partido e a maiores está o feito de que cando saes a xogar as cousas saen dunha maneira ou non e é onde digo, que no último partido, foi un partido no que as cousas de entrada non empezaron a sair ben, pero as xogadoras souberon levar o partido aos poucos, pensaron e adaptaronse ás circunstancias para acabar decantando a balanza cara nós.

Evolución do equipo desde a pretemporada
“Teño que decilo e non me costa recoñecer as cousas. As xogadoras están mellor do que eu esperaba, como equipo. Este pretemporada, foi unha pretemporada difícil no sentido de cohexión, houbo moitas caras novas e moitas delas facía falta, ainda que eran boas xogadoras, que elas mesmas se creeran que eran boas xogadoras e confiaran en elas mesmas. Gastei moito tempo nese sentido e sorprendéronme moito mais do que eu esperaba. A partir de aquí, o que digo é sempre o que lle digo as xogadoras cando adoito felicitalas porque o fan ben, a partir de aquí non hai que creer nada e seguir traballando.

Mais tempo para recuperar efectivos
“Nese sentido hai efectivos que quedan fora, pero ademáis teño que deixar na convocatoria a xogadoras fora. Temos un plantel moi fondo este ano e temos sempre xogadoras disponibles. Vou ter que seguir deixando fora das convocatorias a xogadoras disponibles e o parón, neste sentido, non inflúe, seguimos coa normalidade. O que si vai a vir ben este parón é por unha cuestión que eu sempre digo que é fundamental, levamos desde o 17 de agosto dando todo, xogando moitos partidos, facendo adestramentos e hai un compoñente no club que son as familias e, a veces, necesitan dispoñer tamén dunha fin de semana de descanso, que as xogadoras poidan compartir coas suas familias e poñerse ao día dos estudios, xa que moitas veces faltan a adestramentos por ter exames.

“Esta semana puiden traballar cousas mais a fondo que, quizais, outras semanas que ahí partidos non podo traballar”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

¿Parón, positivo ou negativo?
“Eu, desde que estou en Galicia, respondo á galega. ¿Podo facer algo para camiar o calendario?, non. Podo facer cousas para compensar eso. Por exemplo, esta semana o que fixemos foi aumentar a carga dos partidos. Entón, nese sentido, esta semana puiden traballar cousas mais a fondo que, quizais, outras semanas que ahí partidos non podo traballar. Unha cuestión positiva”.

Futuro a curto plazo
“A semana vindeira retomamos os adestramentos o mércores e esa fin de semana recibimos na casa á Unión Guardesa e despois ao Lóstrego. Unión Guardesa é un equipo experimentado, correoso, pero non é un equipo tamn perigoso como pode ser o Lóstrego. Entón esta gradación vainos vir ben e de feito, eu como adestrador, xa practiquei variantes abondas coas xogadoras para afrontar calquera tipo de partido porque, evidentemente, hai equipos que son mais difíciles, como foi no caso do Pontellas e acabamos impoñéndonos e xa afrontaremos. É moi fácil decir como o Cholo Simeone ‘partido a partido’, pero é o que toca decir”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content