Efectividade e solvencia do Infantil ante o Lóstrego

Sara (2), Miriam (2) e Aline anotaron os goles nun encontro no que as pontinas non pasaron apuros.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil logrou o seu segundo triunfo do curso ante o Lóstrego CF (5-0). As de Quique e Castro han dominado en todas as fases do xogo, tanto en ataque como en defensa, nunha mañá de efectividade, solvencia e contundencia en todas as liñas.

Na primeira metade, o equipo pontino mostrouse moi superior de principio a fin, tamén coa efectividade como punto forte nesta ocasión xa que as chegadas máis claras logrounas transformar despois cunhos minutos sen efectividade. Ata catro ocasiones claras tivo o noso equipo antes de abrir o marcador. Sara, Andrea, Miriam e Sabela atoparon a resposta con boas intervencións de Mara baixo paus. No minuto 22′, Sara logrou facer o primeiro tras unha boa xogada colectiva de Sabela e Miriam, que aproveita á centrocampista para plantarse cara a cara con Mara e definir ao outro pau da portería visitante. Aos 24′ minutos, Miriam aprovéitase dun barullo entre as dúas centrais do Lóstrego para recuperar na área e colocar o balón lonxe da estirada da gardameta visitante.

Co marcador de face, a segunda metade continuou outorgando bo fútbol e goles ás pontinas, que acabaron coa portería a cero

Tras a continuación, non se baixaron os brazos nin moito menos co resultado xa bastante favorable. É máis, ao catro minutos de comezar, apareceu de novo Miriam para marcar o terceiro desde o bordo da área tras un remate de bolea a centro de Sofía desde a esquerda.

A partir deste momento o equipo continuou insistindo en ataque e chegaron outros dous goles no últimos dez minutos tras varias ocasións anteriores. A dez minutos para o final, Sara, que foi unha das máis destacadas no partido, fai o cuarto tras unha gran xogada persoal partindo desde a medular superando defensas e definindo ante a saída de Catalina. No 75′, Candela provoca unha falta ao bordo da área que anota Aline de tiro directo anotando o quinto e definitivo tanto do encontro. Así, o equipo pontino suma o seu segundo triunfo da tempada. A próxima xornada viaxa a Tomiño.

Miriam anotou dous goles.

Miriam, analizaba para nosa web a vitoria fronte ao Lóstrego no Municipal de Oira: “Iniciamos o partido con boa intensidade, sendo superiores ás nosas rivais. Na segunda metade, baixamos un pouco ao vernos diante no marcador, con minutos de excesiva relaxación. Desde o meu punto de vista a sido o mellor partido dos dous disputados este ano”.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content