Con respecto á xornada anterior, o corpo técnico non poderá contar con Virgina, baixa de última hora.
A Escola de Fútbol Feminina Rosalía visita este sábado ao Tomiño F.C. Feminino na cuarta xornada da liga Galega Infantil Feminina. Tras a estrea de doce das de Quique e Castro a domicilio fronte Valladares, viaxa o equipo ao Baixo Miño en busca da súa terceira vitoria tempada.
Aínda que en cada partido xorden diferentes situacións e os inicios de tempada son para ir collendo sensacións, cabe destacar que os dous enfrontamentos deste inicio saldáronse con vitoria e mentindo a portería a cero. Cabe destacar que o único enfrontamento en territorio tomiñés saldouse con vitoria por 3-8 hai unha tempada. Un dobrete de Antía neutralizaba o gol inicial de Tania nun partido que terminaban gañando con facilidade con outros dous goles de Antía, Sara, Nair e outro dobrete de Ainara Tena. Agora, a ilusión e o traballo son as principais armas para buscar referendar esas sensacións xa mostradas.
Unha semana mais son 16 xogadoras as citadas, coas ausencias de Virginia e Águeda. Así a lista de convocadas a forman: Karla, Ainara, Aline, Candela Losada, Andrea, Alba, Lea, Miriam, Sara, Xiana, Esmeralda, África, Lucía Carral, Ainhoa e Sofía.
O partido dará comezo ás 11:30 horas no Municipal de O Alivio baixo a dirección de Xoan Manuel Grauges Martínez do colexiod e árbitros vigués.