Tobaruela: “Teño que continuar incidindo en absolutamente todo” 

“Imos a consolidar unha novo sistema de xogo”, dixo o adestrador.

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía antes do último adestramento previo ao partido da quinta xornada de Liga (mañá, 12:00 h). O técnico analizou o encontro contra a Guardesa no Municipal de Oira: “Ainda que é un equipo novo, é un equipo con xogadoras que xa xogaron ao fútbol e non puiden falar con ninguén pero despois dunha pescuda dos resultados que tiveron, tanto en pretemporada como en temporada, con equipos nos que algún deles xa foron rivais nosos, pois creo que é un equipo que nos vai a dar un pouco de traballo.

“Ademais, estou convencido, cada vez que pasan as xornadas é mais evidente, os equipos cada vez están mais ensamblados, están mais rodados, están mais coordinados e eles tamén infórmanse do rival que teñen diante, neste caso de nós. Por poner un exemplo, o outro día o Vilariño saiunos pechado, ben plegadas, entón quere decir que xa hai un estudo previo de nós e iso, sobre o papel, dificulta a cousa. Espero que a Unión Guardesa teña alguna información sobre nós”.

Parón
“Dixen a semana pasada que o parón viría ben para recargar pilas e o mércores xa lle dixen as xogadoras que o parón quedou atrás y a elas vinas moi ben, super motivadas, moi intensas e estou contento, pero espero que todas estas boas sensacións sexamos capaces de trasladalas ao partido do domingo”.

Gañar para seguir arriba na táboa
“Eso por suposto, pero tamén quero practicar outra variante que poñemos en práctica este ano para seguir dándolle posibilidades de solución as xogadoras dependendo do rival. Entón, imos a consolidar unha novo sistema de xogo”.

Xogadoras recuperadas
“Ainda necesitan ir entrando pouco a pouco. O problema dunha xogadora cando ven dunha lesión, non é tanto a lesión senon a cabeza. Queres facer as cousas mais rápido, pensas mais rápido e eso, as veces, conleva unha certa precipitación. Necesitan pausar, necesitan ir entrando ás poucas”.

“Neste partido vou ter que incidir en partida doble”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía Senior

Relaxación inicial olvidada
“Teño que continuar incidindo en absolutamente todo. Somos animais de rutinas e temos que incidir e seguir incidindo en cuestións que aparentemente vemos consolidadas para que non pasen. Neste partido vou ter que incidir en partida doble, para que non se repita iso e, despois do parón pode haber unha relaxación xeral que estou tentando paliar nos adestramentos desde o primeiro momento que nos puxemos en marcha”.

As xogadoras xa pensan no partido contra Lóstrego ‘B’
“Eu creo que si. É unha cuestión na que todas elas teñen estudado o calendario, saben contra quen xogamos mellor ca min e elas xa saben onde están as suas preocupacións e iso teño que intentar correxilo porque, por unha parte cando te obsesionas cun rival podes caer no exceso da preocupación, o que chaman o extrés negativo, non. Por unha parte, o extrés é bo para poñerte en marcha non para derrotarte xa de entrada e iso conleva tamén que si xogas un partido contra un equipo que ti non agardas que é bo, tamén haxa unha certa relaxación. Entón, a miña labor está en equilibrar esa balanza”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content