Volta ao Municipal de Oira en busca de tres puntos

Volve a liga a Ponte Canedo! E á Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete tócalle afrontar a xornada 6 ante o Tomiño FCF (sábado 3 de decembro, ás 18:30 horas).

O conxunto azul, desexoso de sumar de tres en tres en casa, poñerá todas as súas armas para loitar nun duelo no Municipal de Oira. As nosas chegan a este partido despois dunha dolorosa derrota 4-1 contra Lóstrego CF onde o equipo mereceu máis. Sentando as bases do seu xogo e iniciando os duelos cunha alta intensidade, as de Alberto Tamayo necesitan alzar o voo esta fin de semana despois de lograr 3 no seu último encontro ante a súa afección.

Pola súa banda, o Tomiño FCF, liderado por Sara Álvarez, chega a este xornada tras encaixar unha dura derrota 1-10 contra o líder Umia Cf. Actualmente, as da comarca do baixo Miño ocupan a 7ª praza na táboa de clasificación con cero vitorias e cinco derrotas no que leva transcorrido da liga Galega Cadete Feminina.

Alberto Tamayo, técnico pontino, non poderá contar Lucilú e Aldara e contará co debut de Tegra. A lista de 16 a compoñen Paula, Alma, Noa, Tegra, Lucía Novoa, Aitana, Torres, Cougil, Antía, Lara, Irene, Xiana, Sanmiguel, Candelita, Blanca e Clau.

O duelo estará dirixido pola colexiada Uxía Boimorto Blanco do comité ourensano.

Check Also

Derrota pola mínima antes do parón

Un gol de Sofía Miguens ao comezo da partido trunco as opcións dun Cadete que …

Skip to content