Tobaruela: ” Sería interesante sumar de tres para manternos na parte alta da clasificación”

“A derrota contra Lóstrego estivo esquecida nada mais rematar o partido “, dixo o técnico.

Vídeo: Roda de prensa completa.

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao partido contra o San Roque, que se xogará no Municipal de Samil (domingo, 20:00 h; Vigo): “É o último partido do ano a domicilio, imos á casa do San Roque e sería interesante sumar de tres para manternos na parte alta da clasificación para rematar o ano con bo sabor de boca”.

“Iso, polo que respecta a nós, pero con respecto ao partido que xogan o primeiro contra terceiro, sempre están ben os cruzamentos na  parte alta porque iso fai que algún perda puntos e tamén é interesante”.

Campo de reducidas dimensións
“Eso é evidente e mais no noso caso é unha desavantaxe porque nós circulamos moito o balón e atacamos os espazos e cantos menos espazos haxa, evidentemente mais difícil é atacar e pode pasar como pasou o outro día, o equipo que nos visitou chantouse detrás, o que se coñece como plantar o autobús en un campo pequeño se pasa eso hai unha profundiade defensiva moi grande e é mais difícil atacar, pero o estamos practicando para intentar solventar unha situación así”.

Horario
“O horario non é tanto porque sexa mais tarde ou cedo no sentido que vaia a facer mais frío ou sexa noite porque agora é noite rápidamente. O caso é que moitas das nosas xogadoras, nada mais que para chegar aquí a coller o noso bus xa teñen case unha hora de camino, entón engadelle que ao día seguinte, o luns teñen que ir ao instituto… entón a iso engadelle que moitas van a chegar a casa á unha da mañá”.

“O equipo segue progresando e iso é co que me quedo”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Derrota no derradeiro partido a domicilio
“A derrota contra Lóstrego estivo esquecida nada mais rematar o partido porque toda derrota ten que ser mirada como unha aprendisaxe e comentei a semana pasada que despois do Lóstrego tocounos descansar e esa ‘rabia’ por perder non a puidemos aproveitar, pero o último partido que xogamos aquí na casa foi para min un partido, encanto a conceptualización do noso modelo de xogo, exemplar e faltou algo de velocidade de balón, que estamos correxindo esta semana, pero o equipo segue progresando e iso é co que me quedo”.

Plantel
“Este ano a diferencia do ano pasado cando me fixen cargo do equipo senior é a profundidade do plantel. Este ano no club estase traballando moi ben e non só dispoño dun plantel moi amplo a nivel da categoría senior, senón tamén de xogadoras de categorías inferiores. Entón, estou moi moi moi tranquilo nese sentido e creo que estamos na liña”.

Partido previo a dous partidos clave
“Este ano cometaba que quedan para finalizar esta primeira volta partidos moi interesantes e podo facer unha reflexión nese sentido de que esta tempada medraron os equipos no sentido que hai mais difilcutade para conseguir gañar e hai mais disputa. A competición mellorou moitisimo e iso sempre é bo porque así é unha esixencia que se cara ao sprint final, que pode ser a loita polo ascenso, xa estás afeito e o nivel das xogadoras, canto mais difícil sexa, mais sube”.

Claves do partido
“As claves do partido do domingo son, por unha parte manter a portería a cero, por non ter que remontar e segundo, ter a chave para abrir, creo que unha defensa férrea que vai a exercer o San Roque”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content