A EFF Rosalía apoiando a Operación Quilo de Amencer

Un ano máis, o noso club colabora con Amencer na súa campaña recadatoria a favor das persoas máis necesitadas da cidade.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía colabora un ano máis coa Asociación Xuvenil Amencer na Operación Quilo que desenvolve en colaboración con Cáritas para atender ás familias máis desfavorecidas de Ourense durante todo o ano, e en especial no Nadal. Esta iniciativa que “implica a unhas 3000 persoas”, tal como dixo Xulio Iglesias na tradicional ‘pesada’ de representantes públicos, de empresas e clubs de Ourense co que se dá o pistoletazo de saída á esta iniciativa e que arroxaron un peso global de 2.851 quilos de solidariedade.

O noso club estivo representado polo vicepresidente ‘Yuse‘ Vázquez. “Operación Quilo é unha das iniciativas coas cales o noso club leva colaborando desde a súa fundación. Como escola que somos, non soamente queremos formar ás nosas xogadoras no deportivo, senón tamén en aspectos culturais e sociais, como a Operación Quilo”, indicou á nosa web o vicepresidente ao remate do acto. Durante 23 días, remata o 23 de decembro, a iniciativa consiste en recoller quilos de comida, xoguetes e diñeiro (este último transformase todo en alimentos de primeira necesidade) en varios puntos da cidade.

Noso vicepresidente foi o encargado de representar á EFF Rosalía.

A EFF Rosalía instalará un punto de recollida na súa sede da Rúa San Payo e nos partidos dos nosos equipos a fin de semana 17-18 de decembro para que todos os nosos afeccionados e rivais poidan sumarse coa súa colaboración. Tamén está habilitado un numero de conta para poder colaborar economicamente na conta a nome de Amencer en ABANCA, número É12 2080 5261 1130 0001 1450 ou a través de BIZUM co código 06226.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content