O Infantil busca un resultado positivo fronte ao Pastoriza

As de Quique e Castro visitan ao mellor equipo da categoría no que vai de campaña.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil viaxa ata a provincia coruñesa na que buscará un resultado positivo. Fronte ao Pastoriza, o Infantil disputará a segunda xornada da segunda parte da competición tras comezar con derrota a Fase título nun partido mol disputado o pasado sábado (17:00h, Municipal de Arteixo).

Para o encontro será baixa por sanción Sofía tras recibir dous cartóns amarelos ante o Orzán ou no último encontro disputado no Municipal de Oira. Ata última hora houbo dúbidas con Victoria e Alba, que entraron na convocatoria do Cadete, para unha lista na que se atopan todas as xogadoras dispoñibles ás ordes de Quique e Castro.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Karla.
Defensas: Aline, Ainara, Candela Losada, Lea e Esmeralda.
Centrocampistas: Andrea, Sabela, Lucía Carral, Ainhoa, Virginia e Lurdes.
Dianteiras: Sara, África e Xiana.

O encontro disputarase ás 17.00 horas no Municipal de Pastoriza de Arteixo e será arbitrado polo colexiado Dario Castiñeira González, do Comité coruñés.

Check Also

(4-0): Triunfo do Infantil no Municipal de Oira

Os goles de Ainhoa, Mihret (2) e Mª Sofía deron os tres puntos ante o …

Skip to content