Punto e final

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete recibe o Sárdoma no último partido de Liga da 1.ª fase

¡Ultima cita no Municipal de Oira! ¡Última cita da primeira fase de competición! As azuis reciben ao Sárdoma no partido co que conclúe a liga regular 2022/23. O duelo será o sábado 11 de marzo ás 16.00 horas.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete chega a este partido nun momento irregular. Deixando claro a sus progresión, pero cunha preocupante falta de gol. Nos últimos partidos, as pontinas cultivaron dúas derrotas e dúas vitorias. Atópanse sextas na clasificación e queren unha vitoria en casa para ofrecela á afección como fin de festa xa sen opcións de moverse dese posto da táboa.

Pola súa banda, o Sárdoma chega como quinto e con opcións de alcanzar a cuarta praza, posto que dá dereito a xogar a Fase Título. Dúas derrotas consecutivas condenaron ao equipo para xogar o todo na última xornada, non dependendo delas mesmas. No partido da primeira volta, houbo tábuas cun 2-2 no que se adiantaram por duas veces as nosas pero remontaron as viguesas.

O colexiado que vai dirixir o partido será Daniel Cabano Docasar. O duelo poderase ver en directo en Rosalía TV, a nosa canle de Youtube.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content