Tobaruela: “Hai que estar atentas e preparar os partidos ben”

“Non nos sirve de nada sacarlle tres puntos agora a Lóstrego ‘B’ e despois que veñan aquí a Oira e, como mínimo, non empatar ese partido”, indicou o técnico.

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía despois do último adestramento previo ao encontro ante o Guardesa, correspondente á 18.ª xornada da liga (domingo, 11.00 h; Municipal da Sangriña): “Esta fin de semana enfrontámonos á Unión Guardesa, un rival que vai por metade da táboa. Estiven analizando os seus resultados e tamén lembrando o partido que tivemos aquí na casa e é un equipo que traballa replegado e a partir de ahí corre polas bandas rápidamente e corren ben. Hai pouco tamén estiven en Pontellas cando xogaron entre elas e sendo o Pontellas un equipo correoso e que sabe xogar ao fútbol, tamén as puxeron en apretos”.

“Esta claro que durante a Liga, igual que evolucionamos nós, todos os equipos evolucionan e por iso sempre hai que estar atentas e preparar os partidos ben para controlar todos estes aspectos”.

Rivais esperando atrás
“En certa maneira é lóxico que, conforme avanza a competición, os equipos coñecémonos máis e, evidentemente, eso hai que telo en consideración. Para telo en consideración eu, persoalmente, o que fago é xestionar eses ataques mais, como comentas, en estático. Eu diría mellor, ese outro tipo de xogo con balón, sobre todo movemento de balón e as propias movilidades das xogadoras sen balón para atacar os espazos que ti consideras que son febles e desequilibrar esa defensa e esta claro que iso estamos a traballalo durante esta semana. Tamén o que intento é traballar diversos sistemas de xogo para ir mudando porque é interesante que cando un rival se acomoda a nós, se ti fas unha variante eso provoca desaxustes que, en caso de que o resultado vaia axustado pode ser desequilibrante, pero outra cousa que é moi importante,  que lle recalco ás xogadoras e de feito esta semana introduciremos una xogada mais a balón parado de córner, o balón parado conforme avanza a competición é vital porque para desatascar un partido é necesario un córner, unha falta e iso temos que aproveitalo”.

“Estamos mesa carreira frenética por alcanzar o primeiro posto e saiunos un rival que está xogando moi ben e está sumando de tres de seguido”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Posibilidade de colocarse líderes
“Xa o expliquei en varias ocasión, pero gústame deixalo ben claro porque tamén llo deixo ben claro ás xogadoras. Hoxe en día, na dinámica da competición e sobre todo na estructura de nosa competición, é vital quedar de primeiras. Quedar de primeiras porque tes certas vantaxes, factor campo cando se xogue a fase de ascenso. Entón, nós, case desde que empezamos a Liga, estamos mesa carreira frenética por alcanzar o primeiro posto e saiunos un rival que está xogando moi ben e está sumando de tres de seguido. De feito, menos un partido que empatou con Pontellas, conseguiu sumar de tres en todos os partidos. Non queda outra que seguir sumando de tres, mais alá se descansan ou non descansan porque nós tamén descansaremos, se nós sumamos de tres, iremos, como ben dis, mais tranquilas ao partido, pero temos que resolvelo positivamente. Non nos sirve de nada sacarlle tres puntos agora e despois que veñan aquí a Oira e, como mínimo, non empatar ese partido”.

Xogar contra equipos tan pechados
“Precisamente, hoxe estiven revisando un partido que xogamos con anterioridade e os partidos son moi azarosos, refírome ao partido contra Pontellas, que xogamos na sua casa, partido que acabamos gañando 0-1 e que puidemos gañar de mais, pero tivemos dez minutos moi caóticos ao principio e aos trinta segundos pudieron meternos un gol. Todo é azaroso, a Guardesa, resulta que todas as xogadoras están capacitadas para facer goles e nos poden meter un gol e ainda de pechan mais. Temos que procurar por todos os medios, como lle digo as xogadoras, sabemos ao que xogamos, sabemos o que queremos, sabemos onde queremos estar, desde o asubio inicial. Estar pendentes, polo menos non fallar, acertar é mais difícil pero polo menos non fallar”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content