0-2: Vitoria en Porriño

Os goles de Bonjoch e Vicky dan os tres puntos ao noso equipo, que fixo un partido serio ante un rival moi ben plantado no campo.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía logrou a vitoria ante o Porriño no Municipal do Lourambal-2 certificando o segundo posto na táboa clasificatoria. O noso equipo levouse os tres puntos grazas aos goles de Bonjoch e Vicky na segunda metade dun encontro moi serio, no que creou poucass ocasións e tivo enfronte un rival moi ben no terreo de xogo. As de Tobaruela tentaron dominar desde o inicio, pero estiveron moi imprecisas, a primeira xogada de perigo protagonizouna o Porriño cun disparo de Marta desde fóra da área que saíu alto aos 11 minutos.

A partir de aí non existiron máis ocasións claras na primeira metade salvo un remate de Feijóo á saída dun córne, pero Aroa Bande interveu con acerto. Ambos equipos recuperaban no centro do campo e as dianteiras non tiñan opcións cara porta.

Bonjoch marca o gol 100 da presente temporada

Tobaruela deu entrada a Vicky por Noui e Rosalía notou o cambio. No 50’ volveu crear perigo. Espectacular pase longo e preciso de Aldarita para que Vicky intérnese desde o sector esquerdo e entregue o esférico a Bonjoch, a centrocampista marca en boca de gol a diana número 100 esta campaña. Respondeu Yordana, o seu disparo saíu desviado. O noso equipo continuou creando oportunidades. Ester plantouse diante de Aroa, pero a gardameta evitou o gol no 63’.

Bonjoch e Vicky marcaron os goles 100 e 101 da presente campaña.

Chega a sentenza
A Escola de Fútbol Feminina Rosalía non estaba a ter sorte na definición e no 68’ volveu demostrar cun bo pase en profundidade de Aldarita á que se adianta Aroa antes do remate de Vicky. Seguidamente Uxía proba sorte desde o frontal pero atopa a Rocío ben colocada baixo paus. Tres minutos despois chegou o merecido premio para o noso equipo. Aldarita recuperaba tras un mal control de Uxía en tres cuartos de campo, colocaba o balón entre as centrais, Vicky plantábase ante Aroa e sácase unha axustadísima vaselina desde fóra da área coa dereita que sorprendeu á a gardameta local. As de Tobaruela ampliaban distancias no 71’ sentenciando un partido que despois do visto nos primeiros 45 minutos parecía terminar en empate.

Check Also

Rosalía-Boiro: A fase de ascenso en xogo

As de Tamayo mídense ao segundo clasificado co obxectivo de acurtar a súa vantaxe de …

Skip to content