Tobaruela: “Porriño propúxenos un partido de ti a ti”

Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do Municipal do Tourambal-2 ao termo do encontro correspondente á 23.ª xornada de Liga, onde as pontinas gañaron a Porriño: “O Porriño fixo un partido moi serio e saiu a gañar. Agardaba unhas rivais en repregado ou pregado, en cambio, saíron en avanzado. A primeira parte estivo moi igualada e, xa na segunda, conseguimos desequilibrar o partido xogando atacando o espazo con balón nas costas da liña defensiva.”

“Estou satisfeito porque, a pesar de que o encontro foi complicado, as nosas xogadoras conseguiron solventalo dun xeito positivo, demostrando madurez e traballo”.

Vitoria traballada
“Sinxelamente, aquilo de que ‘o rival tamén xoga’. Xa dixen na previa que no partido de Oira contra o Porriño amosou unha boa cara, no sentido dunha boa disposición táctica. O encontro de hoxe refrendou isto. E propuxéronnos un partido de ti a ti”.

Segundo posto asegurado
“Valoro positivamente este feito, aínda que imos seguir intentando meter presión ao Lóstrego. Só nós separa un punto e ata que acabe a competición non está todo dito. Nós imos facer o noso traballo e así seguir experimentando, medrando de cara a fase final, que vai ser moi disputada”.

Baixas Lú e Laura
e Laura son das xogadoras que ata o de agora levan máis minutos xogados, iso non quere dicir que sexan insubstituíbles. Xa teño comentado noutra ocasión que temos un plantel amplo e preparado que nos permite suplir calquera ausencia”.

Lóstrego ‘B’ non cede
“O Lóstrego é un rival difícil de derrotar. Os resultados avalan a súa traxectoria. Nós, como dixen, temos que ir ao noso e partidos complicados como o de hoxe son boísimos de cara a afrontar a fase de ascenso mellor preparadas”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content