O Infantil vence na súa visita ao Orzán

As de Quique e Castro venceron no Elviña Pequeno grazas aos goles de Sofía e Sara.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil impúxose ao Orzán na súa visita ao Elviña Pequeno. Tras un atraso de 25 minutos en dar o asubío inicial por parte do colexiado Diego Vázquez, as nosas, grazas ao dominio inicial, adiantáronse no marcador por medio de Sofia. Sara confirmou a vitoria nos últimos minutos do encontro. Con entre triunfo, o noso equipo suma a súa primeira vitoria na segunda fase do campionato.

Dende o primeiro momento Rosalía foi o dominador do encontro, sen dar opción ao rival. As dimensións do campo dificultou un xogo fluido nos primeiros minutos, xa que as disputas e os segundos balóns eran innumerables. Aos 13 minutos, saque de banda na zona de ataque local que recibe Sara, a dianteira cambia a orientacion do xogo, e Sabela recolle o rexeite da defensa para deixar de cara a Lea, que continua a jogada de ataque cun excelente pase filtrado para Sofía que define pola esquina da portería defendida por Aldara. As azuis seguiron atacando pero sen sorte cara porta, como ven sendo habitual nos últimos encontros. O único achegamento local, sería nun contragolpe que pilla descolócala a nosa defensa pero Karla resolvería sen problemas no man a man.

Despois do paso polos vestiarios, o noso equipo foi en busca do gol tranquilizador, pero as numerosas incursións non atopaban remates certeiros. Con todo, xa no tramo final, Sara adiantou ás nosas novamente cunha boa definición a centro de Aline, pechando o marcador final de 0-2.

Para Castro a clave estivo en que “conseguimos minimizar os erros e eso levounos a victoria. O grupo necesitaba esta victoria sobretodo anímicamente despois dos resultados anteriores”.

Check Also

Gran triunfo do Infantil no Municipal de Oira

O noso equipo gañou no Municipal de Oira cos goles de Cayetana, María, Mihret, Nicole …

Skip to content