O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso antes de recibir a Boiro (12.00 h, Ribeira).
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía mídese mañá a domicilio ao Xuventú Aguiño (12.00 h, Ribeira). A sénior visita A Tasca co propósito de lograr a súa décimo sexta vitoria, a cuarta consecutiva no campionato, e sumar tres novos puntos na loita pola fase de ascenso. En fronte terá a un rival que non chega no seu mellor momento da tempada.
Rosalía está inmersa nun abril esixente e este encontro será a antesala doutra semana crave. Sacar un resultado positivo en Ribeira é vital para manter as opcións de meterse en fase de ascenso e recibir a Boiro con opcións de colocarse a un só punto. As nosas deberán despregar a súa mellor versión no campionato doméstico, onde son as terceiras que menos tantos encaixan.

Tamayo conta na convocatoria con Zaira. A barbadesa marcou tres tantos nos últimos tres compromisos e quere seguir a súa serie. No partido da primeira volta tamén fixo un doblete na vitoria por 5-1 con goles de Noui, Clau e Carmen en propia porta.
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Fifi, Sabela, Sampayo, Aitana e Matilde.
Centrocampistas: Bonjoch, Nair, Candela, Aldarita e Aroa.
Dianteiras: Vicky, Zaira, Clau e Noui.
Aguiño
O rival da Escola de Fútbol Feminino Rosalía arrincou a xornada na decimoprimera posición cun balance de 6 vitorias, 4 empates e 13 derrotas. Dos 22 puntos que acumula, 11 conseguiunos en casa. As de Victor Manuel García, contan con Carla Sanda como máxima goleadora na liga (14 dianas).






E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino