Zaira, 100 goles coa EFF Rosalía

A dianteira barbadesa da Escola de Fútbol Feminino Rosalía anotou o seu gol número 100 coa camiseta azul durante a xornada 25.ª de Liga ante o Vitoria FC ‘C’.

Zaira Fernández, dianteira barbadesa, unha das mellores xogadoras da categoría, pode presumir de marcar de todas as formas posibles. Anotou de penalti, de falta, de cabeza, coa perna dereita, coa esquerda e ata case sen querer nos 121 partidos disputados na Escola de Fútbol Femenino Rosalía.

Zaira recibiu un detalle acreditativo das suas compañeiras capitás.

Na súa primeira tempada coa EFF Rosalía, a 2018-19, conseguiu marcar na segunda xornada, concretamente e os 56 minutos de partido, o que significaba o 2-2 fronte a Bueu, partido no que tamén marcou o 3-4 final. Esa tempada terminou con 20 tantos en 23 partidos en Liga.

Mantivo os seus rexistros anotadores na campaña 2019-20, na que conseguiu 18 (1 de penalti) nos 20 partidos disputados ata a suspensión da competición pola pandemia. Para a tempada 2020-21 a ‘francotiradora’ deixou o seu selo goleador ao ser pichichi do Grupo E, xunto á súa compañeira Noui, anotando 17 goles (2 de penalti) en oito partidos. Logrando no minuto 43 do encontro fronte a Lalín da xornada 6 o seu gol número 50.

14 tantos (1 de penalti) foron os seus algarismos na campaña 2022-23, repartidos da seguinte forma: 13 na competición ligueira en 19 partidos e un en fase de ascenso. Sumando a pasada tempada 2023-24 outros 14 (2 de penalti) en 22 partidos e un nos catro encontros da fase de ascenso.

Desta forma, co gol marcado ante o Vitoria FC ‘C’ no minuto 79 cun tiro cruzado que culminaba unha xogada de Sampayo ás costas da defensa, sen contar partidos amigables, Zaira marcou o seu gol número 100 defendendo a camiseta da EFF Rosalía en 121 partidos. Os números da dianteira barbadesa convértena na xogadora que achega o 20,9% dos goles do equipo sénior cunha media de 0,82 por partido.

Check Also

Aldarita, tamén centenaria coa EFF Rosalía

Nos seus cen partidos como azul conseguiu anotar cinco tantos. Aldara González ‘Aldarita‘, centrocampista da …

Skip to content