Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un de Zaira e outro de Sampayo antes do partido contra Boiro.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía sumou en A Tasca tres importantes puntos para continuar firme na súa loita por acceder á Fase de Ascenso. Márchase antes do decisivo partido fronte a Boiro despois de lograr o seu décimo sexto triunfo nun encontro no que de novo foi determinante o espectacular momento de forma que vive Noui. A ourensá, que marcou 6 tantos nos catro últimos choques, fixo o 0-2 e o cuarto e quinto gol da EFF Rosalía nun encontro no que tamén viron porta Zaira e Sampayo.

Houbo que esperar pouco para que o noso equipo estrease o marcador. Zaira só tardou tres minutos en bater a Elsa. Boa xogada colectiva, Noui na zona de nove, recibe e, tras ver o desmarque de Clau, continua coa súa compañeira que centra á área onde Zaira definiu con mestría para facer o 0-1. Na seguinte xogada, Bonjoch rozou o segundo pero non estivo acertada coa portería no man a man ante a gardameta rival. Aos 13 minutos, un disparo de Candela evitouno Elsa ao realizar unha boa estirada. As chegadas seguiron sucedéndose ao lado visitante e Zaira atópase co traveseiro no minuto 20′. Seis despois, gran xogada colectiva onde interviñeron Candela, Sampayo e Bonjoch, con remate final de Clau que desviadou a córner Elsa. A piques de terminar a primeira parte, un balón de Bonjoch filtrado á carreira de Noui non acabou en gol porque Elsa evitouno ao adiviñar o seu tiro no man a man.

Hat-trick de Noui
As de Alberto Tamayo continuaron dominando tras o descanso e así chegou o 0-2. Vicky creou o perigo desde o sector esquerdo, centrou e Noui rematou ao fondo da rede (47′). Rosalía non baixou o ritmo e, seis minutos despois, Sampayo anotou o 0-3. Pase ás costas da liña defensiva de Bonjoch, Zaira déixaa pasar á carreira de Sampayo, que se interna na área e cruza ante a saída de Elsa. Zaira buscou o cuarto, pero incomprensiblemente non acertou entre os tres paus un envío longo de Noa. Noui asino o segundo da súa conta aos 63 minutos. A dianteira anotou o 0-4 tras definir unha boa xogada individual. A dianteira estaba a gustarse e non tardou en volver tentalo con outro man a man tras a asistencia de Candela, que sorprendeu novamente a defensa adiantada local (0-5, minuto 76′). Aguiño conseguiu o 1-5 por medio de Oumka ao marcar un golazo de falta directa.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content