Celta-Rosalía: na busca de dar a sorpresa na Madroa

O conxunto pontino visita o RC Celta As Celtas B este domingo, 18 de outubro, ás 12:30 h, na Cidade Deportiva da Madroa. O club celeste, campión da 3ª Federación a pasada tempada, chega á cita tras un bo comezo de competición.

A sexta xornada da 3ª Federación FUTFEM enfronta a Escola de Fútbol Feminino Rosalía e o Celta As Celtas ‘B’ na Madroa. O noso sénior afronta unha esixente saída na sexta xornada ligueira. O equipo buscará puntuar ante o conxunto vigués, nun encontro que comezará ás 12:30 h na Cidade Deportiva da Madroa. Tamén será un encontro especial para Bonjoch, que seguro se reencontrará con algunha das compañeiras da temporada pasada.

As nosas chegan á cita despois da xornada de descanso polo abandono do Domaio da competición. Nas cinco primeiras xornadas tamén se enfrontaron ao Orzán, ao Friol, ao Concello de Boiro e ao Lóstrego. Sampayo, con dous tantos, é a máxima goleadora do Rosalía e estará na lista de 16 de Alberto Tamayo.

CONVOCATORIA

“Agárdanos un partido moi esixente ante un rival que está a demostrar o seu potencial. Imos á Madroa coa ilusión de competir de ti a ti, manter a concentración durante os noventa minutos e aproveitar as ocasións que teñamos. O equipo está a traballar ben e queremos que se vexa no campo”, explicou o técnico ‘azul’ na previa do encontro.

As Celtas B chega tras vencer o Concello de Boiro (3-0). Nas cinco primeiras xornadas sumou catro triunfos e unha derrota, con 18 goles a favor.

O rival
O Celta As Celtas B gañou catro dos seus cinco primeiros partidos e perdeu ante o Friol. O conxunto celeste marcou 18 goles nese treito de competición e encaixou catro. Lucía , Iria Seoane, Enma e Lia con tres tantos cada unha son as máximas goleadoras. As Celtas foron campioas da 3ª Federación a pasada temporada. O filial recibes EFF Rosalía na Madroa tras vencer o Concello de Boiro por 3-0 na xornada anterior.

Check Also

Rosalía–Victoria CF ‘B’: a buscar a reacción en Oira

O sénior recibe este domingo, 25 de outubro, ao Victoria CF ‘B’ na sétima xornada …