Dous goles de Feijóo e os de Zaira e Yadira dan os primeiros tres puntos á EFF Rosalía, que remontou un gol en contra

EFF Rosalía visitaba O Cruceiro sumando os seus primeiros tres puntos da tempada contra un San Mateo que mandou no marcador gran parte do encontró. As nosas “Rosalías”, se manteñen invictas no comezo da tempada ante un rival co que caían goleadas a tempada pasada en un terreo de xogo ao que non están habituadas a xogar.

Comezou ben o noso senior apretando moito e moi pronto púxose por diante no marcador cun remate de Yadira ao segundo palo. Seguíanse sucedendo as ocasións para as nosas e tivemos un tiro o pao que se paseou pola liña de gol… incomprensiblemente a partires do minuto 20 comezamos a perder o control do partido e as locais comezaron a atopar un filón na súa banda esquerda por onde nos estaban a xerar moitísimo perigo. Chegou o empate e cando peor estábamos a xogar, ao filo do descanso unha internada de Noa Domínguez pola banda dereita rematou en penalti no que a Zaira nesta ocasión a porteira visitante lle acertou a intención facendo un bo despexe a córner. 

Posteriormente ante o desconcerto das rosalías e nun erro defensivo tamén na nosa banda dereita, o San Mateo conseguiu porse por diante e chegar ó descanso cas nosas un tanto desquiciadas e desorientadas. 

No tempo de lecer Ivan Canal axustou erros e subiu liñas, entraron de refresco Alba, Noa Fernández e “Aldarita” e o equipo comezou a embotellar as súas rivais no seu propio campo. Noa Fernández nos primeiros minutos tivo unha moi clara na que a porteira rival fixo unha parada de mérito e a partir de ahí o empuxe das nosas foi en aumento eso sumado á caida física das rivais fíxonos empatar cun tanto de Zaira nun rexeite na área de tiro raso cruzado. 

O partido a partir do empate convertiuse nun corre calles xa que o San Mateo intentou deixar espazos indo pola victoria eso aproveitouno Feijóo dende banda esquerda que con un forte disparo cruzado colou o balón pola escadra esquerda da portería do San Mateo volteando así o marcador de forma merecida para as nosas. Posteriormente sucedéronse as ocasións para as azuis que pasaron a dominar o partido e de novo Feijoo cun forte disparo lonxano convertiu o cuarto gol da tranquilidade. Tres puntos moi importantes nun campo nada sinxelo onde estamos seguros de que poucos clubes van a puntuar.

Estadísticas do partido.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content