Rolda de prensa dos dous adestradores postpartido San Mateo vs EFF Rosalía

“Victoria traballada, con sufrimento, pero con traballo logrouse sacar os tres puntos”, comentou o adestrador en sala de prensa.

Iván Canal e Xosé Manoel Vaqueiro compareceron na sala de prensa de O Cruceirodespois do axustado partido que disputaron Sp. San Mateo e a EFF Rosalía.

O técnico local resaltou que “o partido foi igualado, un pouco condicionado pola climatoloxía, facía moito calor. Houbo moitas impresicións condicionadas pola climatoloxía, como comentei antes”.O adestrador do San Mateo analizou o partido: “o encontró tivo duas partes. Na primeira fumos, creo, un pouco superiores e ademáis acertamos cara portería conseguindo un 2-1 ao descanso. Na segunda parte o Rosalía adiantou liñas, non nos deixaba sair ben, nin combinar o que fixo que en dous erros individuais acabou remontando o partido”.

Dous partidos, duas derrotas.

“non estamos preocupados, é un proxecto longo, con rapazas moi novas, moitas fichaxes novas. Era algo previsible, a priori, estamos competindo ben, no anterior encontró creamos moitas ocasións e ao final perdemos 2-1, pero bueno non estamos buscando resultados ainda que nos gustaría obtelos obviamente. Estamos nun proceso de traballo que acabarando os seus frutos ao longo prazo.

O Rosalía moi ben

“Eu o ano pasado non estaba e non as coñecía ao non coincidir con elas, pero bueno, vese que é un equipo xovén e fan algo ao que aspiramos nós, progresar. O ano pasado con xente xoven empezaron a traballar e acaban ao largo das tempadas cun modelo de xogo, un bloque e un equipo para competir polos postos altos”.

Despois das declaracións do adestrador local, Iván Canal comparecía para destacar que “Confiaba 100% nas rapazas. Sabía que a pesar de ir perdendo na primeira parte podíamos sacar o partido adiante. Intentei mentalizalas, e saiu a pesar de ter que arriscar 15 min con un 3-4-3”.

Campo de cespede natural e calor

“Penso que ao final a temperatura non afectou tanto. En cambio o terreo si que influiu nas moitas imprecisions nos pases e erros defensivos en canto ó bote do balón”.

Cambio de sistema

“Supuxo arriscar demasiado, estou convencido que non se sacaría o partido se seguía cun 4-4-2. Fixo que neses minutos o noso equipo tivera máis presenza no área rival e presionar máis a saída do balón do rival e saiu”.

Feijóo

“Voltou facer un gran partido, tiña tarxeta e díxome se podía cambiar con Sabela que non estaba acertada de interior. Estiven dacordo para tamén non arriscar en defensa e a ver se Feijóo tiña máis presenza arriba e saiu ben”.

Perda de concentración por momentos

“O estar perdendo o outro equipo intentou sacarnos do partido, moitas xogadoras cairon na trampa poñéndose máis nerviosas o que dificultou o xogo e a asociación entre as nosas.Comezamos a despexar todos os balons sen xogalos, predendo así control de xogo”.

Debutantes

“A Sabela, Yadira e Silvia costoulles moito entrar en xogo xa que duas viñan de vacacións e unha ten que coller experiencia xa que solo xogou a fútbol sala. Quédome con seu esforzo. En cuanto a Andrea encantoume, xa o dixen anteriormente que esta rapaza vai dar que falar este ano. Fixo un gran partido, dando consistencia defensiva, facendo boas coberturas, e dando tranquilidad e o xogo”.

Dous partidos, cero derrotas

“A min sempre me gustou facer pretempadas longas, traballar moito e intenso para empezar forte as ligas, polo que este comezo non e unha sorpresa para min, e fruto do traballo. Todos os equipos nos que estiven empezan sempre forte as ligas por as pretempadas longas cheas de entrenos. Todo iso sumado ó traballo de todo o clube, de Juanma, Yuse, Mario, Jacobo, Adolfo…e o que fai que cheguen resultados. Non me sorprendeu este comezo, ademáis esixo moito as xogadoras e iso trae resultados antes ou despois. Ainda que agora toca seguir traballando máis ainda, sobretodo cando veñan resultados non tan bos”.

Check Also

‘Sampi’, 100 partidos co sénior da EFF Rosalía

A centrocampista, que chegou ao club no ano da súa creación e pasou por todas …