Clínica Dental Elena Ribao únese ao proxecto da E.F.F. Rosalia

EFF Rosalia e a Clínica Dental Elena Ribao chegan a un acordo de patrocinio para a tempada 2019.

En palabras da xerente da clínica, a propia Elena Ribao “A nosa clínica naceu co compromiso de satisfacer as necesidades dos nosos pacientes, ofrecendo un servicio odontolóxico integral. Poñemos a vosa disposición e a de tódalas vosas xogadoras o noso equipo de profesionais”.

“Nosos valores basanse na promoción da prevención da saude bucodental. Apoiamos ao deporte como parte do benestar e promovemos hábitos saudables para contribuir na felicidade das persoas.

Unímonos a este clube feminino porque é unha escola que aporta un valor añadido ao fútbol, onde a eclosión das mulleres no deporte é xa unha realidade e creemos que ten un potencial de crecemento e unha gran proxección social e educativa en valores.”

Por parte da nosa escola o noso presidente Mario Gómez destacou que “para nós como escola que somos é importantísima, por non dicir vital esta colaboración ca Clínica Elena Ribao á cal dende eiquí queremos agradecer públicamente a súa disposición. Ter controlada a saude bucodental de tódalas nosas xogadoras, dende a máis pequena ata a máis veterana é importante non só por saude, se non tamen por prevención de lesións. Estamos seguros que tódolos pais das nosas xogadoras apreciarán o esforzo que dende a escola se fai por tratar de ter controlados moitos máis aspectos da educación das nosas xogadoras e non só o aspecto futbolístico que o fin e o cabo sempre é o máis sinxelo de controlar”.

Check Also

Aldarita, tamén centenaria coa EFF Rosalía

Nos seus cen partidos como azul conseguiu anotar cinco tantos. Aldara González ‘Aldarita‘, centrocampista da …

Skip to content