As futbolistas da EFF Rosalía completaron este venres o último adestramento da semana no que o madrileño Jonny Otero preparou unha esixente sesión física e no que as xogadoras volveron coller sensacións realizando exercicios de forza por postas con finalizacion a porta.
Este foi o sexto adestramento tras o parón de máis de cinco meses debido ao coronavirus antes do previsto inicio de LaLiga, que se espera para finais do mes de outubro, pero aínda sen concretar a data exacta por parte da Federación Galega de Fútbol xa que está a expensas da evolución da COVID-19.
A bandesa María Feijóo repetiu como baixa e aínda non puido adestrar xunto ao resto das súas compañeiras desde que estas fixéseno por primeira vez o 3 de setembro.
Así, a Escuela de Fútbol Femenino Rosalía segue coa súa preparación para a volta á competición despois dunha pretemporada de máis dun mes.