As pontinas tiveron ocasións, pero dous goles antes do descanso decantaron o partido para o Friol.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía non puido sumar na segunda xornada da 3ª Federación tras perder por 0-2 ante o PM Friol no Municipal de Oira. O conxunto pontino ofreceu unha boa imaxe, xerou ocasións e mantivo a intensidade durante todo o encontro, pero a maior efectividade visitante acabou decidindo o marcador.
A Escola de Fútbol Feminio Rosalía e o Friol protagonizaron un partido intenso e igualado no Municipal de Oira, con alternativas desde os primeiros minutos. As visitantes saíron buscando sorprender con disparos desde fóra da área, obrigando a Karla a intervir en varias ocasións, mentres que as pontinas foron medrando co paso do encontro. As locais atoparon espazos no ataque e dispuxeron de boas chegadas a través de Aline, Aldarita e Noui. A ocasión máis clara da primeira metade chegou tras unha recuperación de Sampayo en campo rival, que combinou con Noui nunha acción que acabou cunha boa intervención de Sara.
Cando o encontro estaba máis equilibrado chegou o primeiro golpe visitante. No minuto 38, tras unha chegada pola banda e un primeiro remate despexe de Karla, Nerea aproveitou o rexeite para facer o 0-1. Noso sénior intentou reaccionar antes do descanso, pero o Friol ampliou a súa vantaxe no tempo engadido da primeira parte. Itziar gañou a carreira a zaga local tras un balón longo e superou a saída de Karla para establecer o 0-2.
Na segunda metade, o equipo dirixido por Alberto Tamayo deu un paso adiante e buscou reducir diferenzas. As entradas de Amelia, Losada e Andrea deron máis presenza ofensiva ao equipo local. Desta maneira o equipo deu un paso adiante e acumulou ocasións claras tras o descanso. Aldarita, Amelia, Candelita e Andrea tiveron opcións para achegarse no marcador, pero Sara evitou o gol local con varias intervencións de mérito. O Friol tamén dispuxo de oportunidades para sentenciar, pero o resultado xa non se movería. As pontinas buscaron o tanto ata o asubío final nun partido no que o traballo e a entrega non tiveron recompensa.
“O equipo competiu moi ben ante un rival complicado. Creo que tivemos momentos nos que fomos superiores e xeramos ocasións suficientes para facer algún gol, pero faltounos acerto nas áreas”.
“Temos que quedar coa actitude das xogadoras. Non baixaron os brazos en ningún momento e seguiron buscando o partido ata o final. Esa é a liña que queremos manter durante toda a tempada”.
“Esta categoría esíxenos moito”, Alberto Tamayo.
Alberto Tamayo, en declaracións a nosa web, destacou que “o equipo competiu moi ben ante un rival complicado. Creo que tivemos momentos nos que fomos superiores e xeramos ocasións suficientes para facer algún gol, pero faltounos acerto nas áreas”. “Temos que quedar coa actitude das xogadoras. Non baixaron os brazos en ningún momento e seguiron buscando o partido ata o final. Esa é a liña que queremos manter durante toda a tempada”, añadiu o técnico para destacar que “Esta categoría esíxenos moito, pero sabemos que este equipo ten capacidade para competir contra calquera rival”.
FICHA TÉCNICA






Goles
0-1 (minuto 38′) Nerea
0-2 (minuto 45′) Itziar
Tarxetas
Amarela (minuto 41′) Nerea
Amarela (minuto 65′) Noui
Bermella (minuto 69′) Emilio




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino